viernes, 2 de junio de 2006

Atípica Festa-Homenaxe aos maiores de Ares, o sábado 10 do San Xoán


As festas homenaxe ás persoas maiores, que se celebran en Xeriátricos, Residencias, Fogares Terceira Idade e tamén as organizadas polos Servizos Sociais de Concellos e outros organismos, son en grao sumo variadas e diferentes.
Non podía ser doutro xeito.
Unhas consisten en certames e concursos con participación dos maiores. Algunhas inclúen charlas, actuacións teatrais, musicais e humorísticas. Case todas acaban con entrega de trofeos, premios e distincións a os de máis idade. Homenaxean ás persoas máis lonxevas do municipio. Tamén ás persoas de idade que realizan algunha actividade en beneficio dos demais ou polo ben da sociedade.

Entregan premios de concursos de confraternización entre Avós e Netos.
E en fin, unha chea de cousas que os encargados dos servizos sociais debían idear ou copiar doutras Institucións.
Xeralmente os actos inclúen tamén, ¿como non?, un xantar, merenda ou refrixerio e terminan cun baile. Pero case absolutamente todas, teñen un denominador común: celébranse durante o día ou pola tarde e rematan á noitiña.


Pois ben a Festa-Homaxe aos maiores de Ares, que se efectúa desde fai uns anos no pavillón deportivo, é un tanto atípica polo seu horario de celebración e actividade.
Consiste nunha cea ao redor das 10 da noite, para rematar cun baile pasadas xa a media noite.

¡Hai que ser maior, con moita vitalidade para poder resistir!
Sábese perfectamente, que nese horario a maioría da Terceira Idade está na cama.

Pero ocorre que a esa festa, preparada coa escusa de render homenaxe aos maiores, acode xente que non entra no baremo da terceira idade. Asisten tamén outro tipo de invitados e familiares que utilizan a tarxeta dos seus maiores, ou se coan co a aquiescencia dos organizadores, e faise o despilfarro, segundo custo de anos anteriores de preto de 20.000 euros das arcas municipais que sufragan os contribuíntes.

Non negamos que hai xente que di que lle encanta a festa e que o pasa moi ben. Pero moitos, a realidade, dino porque parécelles que sae todo de balde.
O lecer e esparcemento son necesarios. Os maiores meréceno. Pero hai que aplicalo con sentido, porque para ir bailar uns cantos, xa están as festas populares ou sairía mellor levarlles a unha sala de festas para maduros, que hai na bisbarra e que se coñece vulgarmente como "O Desguace"

Entradas populares más vistas