jueves, 31 de mayo de 2007

Polos pelos, non volveu a gañar o Cendanismo Popular en Ares

Polos pelos, non volveu a gañar o Cendanismo Popular en Ares.


Pois sí, ten certa razón Manuel Cendán, alcalde en funcións.
O resultado dás eleccións en Ares, non foron o que se presaxiaba.
Non houbo a desastre que se esperaba e o Partido Popular debe estar contento porque ten uns votantes fixos que son fieis aínda que caian chuzos e lóstregos.

Porque despois dunha acción de goberno ultimamente tan nefasta, chea de irregularidades, incumprimentos, ilegalidades, despotismo e que remata co esperpento e affaire dos Nanos Xemelgos; ¿cómo e posible obter tantos votos e conseguir 5+1 concelleiros populares-aliancistas?
Ademais de levar o PP unha lista como a que levou, que nótase que foi de urxencias. Aínda que o problemas de facer listas abarca a tódalas candidaturas.

As caras coñecidas que había no Partido Popular, dá lista do 2003, levounas o aspirante Luís Cendán na formación "Nueva Alianza", que éste se que foi o que levou o trompazo o non conseguir mais que un concelleiro. E non pode atribuírse a que era unha formación nova e de independentes.
Todo ou mundo sabe dá militancia destes escindidos que foron os que viñeron gobernando ate agora.
Os votantes do PP non quixeron aventuras, e non apoiaron a estas persoas que gobernaron. Se non que optaron polas siglas de Fraga, Rajoy e Aznar.
A vila de Ares, xa o dixemos noutra entrada, e de maioría conservadora caciquil, indolente e con reminiscencias feudalistas e franquistas.
Leva certo atraso no desenvolvemento político, fomentado adrede polos que gobernaron. Aínda está ancorada nas maneiras dá Galicia profunda do interior, onde triúnfan Baltar, Cuiña, Cacharro, .....
Hai pouca conciencia de clase e mais ben tírase ao aburguesamento, enraizado polo caciquismo de atrás, nos que certos persoeiros ostentaban o poder económico e político.
Eran os terratenentes rentistas e donos dás terras, casas e leiras.
A eles había que ir pedir diñeiro prestado con usura; eles eran os que intercedían nas disputas e litixios e aos que se acudía tamén para arranxar os papeis, escrituras e outras xestións que se escapaban á ignorancia poboacional.
A estes personaxes, dos que se recordan os seus nomes tíñaselles odio-reverencia. Pero consentíase ou tolerábase que mandaran por imposición.
Estamos a falar dos anos cincuenta e sesenta, en pleno franquismo imperante.
Agora xa cambiou a situación, pero isto deixa marcas tradicionais nas familias, sobre todo cando a cultura e preparación e mais ben baixa.
Este pode ser o panorama actual que provoca estes incomprensibles resultados nas elección e que poden repetirse noutro intre.
Os novos mandatarios teñen a obriga de intentar elevar o nivel cultural, social e político dás xentes para que poidan exercer un voto máis útil e axeitado.

lunes, 21 de mayo de 2007

Renovación no Concello de Ares, ¡¡ X A !!


PARA NORMALIZAR A VIDA LOCAL

Faremos de Ares un concello aberto, participativo, que promova os valores da democracia, do respecto e da tolerancia. Queremos recuperar a normalidade institucional, tanto dentro da corporación como coas outras institucións. Queremos un concello feito coa xente e para a xente.

Apertura dunha circunvalación e planificación integral de todo o tráfico para crear accesibilidade, eliminando as barreiras arquitectónicas e adaptando o mobiliario urbano ás necesidades das persoas con problemas de mobilidade, e seguridade, dotando ás estradas que van de Ares a Chanteiro e a Redes de bairarrúas en todo o seu percorrido.

Unha ordenación viaria que proporcione aparcadoiros públicos, e unha seguranza tanto para os peóns, especialmente nenos, maiores e minúsvalidos como para os condutores.

Deseñaremos un plan de ampliación dos servizos básicos – comezando polo saneamento en Chanteiro – ao conxunto da poboación; concretando urxentemente o proxecto de reposición da rede de saneamento urbana.

Plena colaboración para o desenvolvemento de servicios comúns. A fórmula dos consorcios de servicios xa leva moitos anos dando froitos no eido local. Estamos a favor de artellar mecanismos de colaboración horizontal cos concellos limítrofes.Colaboración e posible mancomunidade con Mugardos, que sería beneficiosa para ambos municipios en canto ao aforro en orzamentos de equipamentos, instalacións, servizos e mesmo en administración e persoal. Algúns pasos xa están dados: Voto de Chanteiro, Piscina, Depuradora futura, abastecemento de auga, saneamentos, alumados, actividades deportivas, tarefas de ensino, lecer, .....

Redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que “non confunda urbanismo con edificación”. Un plan que humanice Ares e que sexa a ferramenta básica para acadar as cesións de solo necesarias para espazos dotacionais, cemiterio municipal, vivendas de promoción autonómica, etc.

Proporemos a conversión do actual “Centro da Terceira Idade” nun Centro de Día – integrado no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar – dotado de persoal e medios para garantir unha política de atención aos nosos maiores.

Creación dun servizo de transporte urbano interparroquial, para que todos os veciños poidan desprazarse a todas as parroquias e tamén a piscina compartida co concello de Mugardos.

Posibilitar o acceso das novas tecnoloxías moi especialmente da banda ancha de internet a todo o municipio.

Proporemos de inmediato a cesión de terreos para a construción dun novo Centro de Saúde, demandando a ampliación de servizos e dotación de persoal.

PARA EVITAR ESTOS ESPERPENTOS


miércoles 11 de octubre de 2006
O ALCALDE DE ARES, IMPUTADO XA POR DELICTO ELECTORAL

CENDAN, UN ALCALDE CACIQUIL E BOTADO PARA DIANTE
Diciamos fai un par de días que ao Alcalde de ARES lle adiantaban outros pola dereita e pola esquerda na carreira á corrupción.

Destituídos por Manuel Cendán todos os edís do goberno de Ares
= = = =
Agora mandará un Alcalde "fujimorizado"
Despois de cesado todo o equipo de goberno, o Concello quedará paralizado, pois o Alcalde non dará feito, porque a súa abdicación será xa a preparación da súa campaña electoral e a procura de apoios para a súa lista.

O SERGAS opta pola ampliación do actual Centro de Saúde de Ares
Despois de oito anos de promesas, lías e desencontros, parece que se reaviva agora o tema do Centro de saúde de Ares.O nulo intres de uns e outros está a piques de dar o traste cunha inversión de máis de un millón de euros. E o amaño do Centro de saúde coas condicións axeitadas que o actual non reúne.Benvida sexa esta nova, si é que agora se vai levar a diante.E se pon fin as desidias e cabreos dos que xogan cos cartos públicos como si foran propios, facendo a política máis rastreira posíbel, aínda prexudicando os cidadáns aos que dentro de pouco chamarán para que os apoien co seu voto.ENCHUFISMO E FUNCIONARIADO MUNICIPAL

O Alcalde de Ares, declarado "Personaxe Hostil" polo Valedor do Pobo

Xa non falta de nada.Novo "toque de corneta", esta vez digno do Trombón de Baltar.E dicir, que en conclusión, os Cendán mostran unha patoloxía con actitudes de enfrontamentos entorpecedores diante dás institucións superiores ao seu Reino de Taifas.Xa o viñeron mostrando cos sucesivos desobedecimentos as ordes dá Xunta.Agora provoca tamén enfrontamentos familiares, acusacións de filibusterismo, reparto de botíns, e outras trapalladas mais.Alguén desde ou seu Partido lles debía dar tamén un "cornetazo", para elo xa contan co trombón de Baltar. Pero claro, en Ares parece que non hai Comité Local algún. Mandan só eles.

jueves 26 de octubre de 2006
O CONCELLO DE ARES NON TEN NINGUN INTERESE POLO CENTRO DE SAUDE
O Xulgado desestima a denuncia do Alcalde contra o Sergas .
jueves 8 de febrero de 2007
Presentación da " NUEVA ALIANZA " NAL - A escisión do PP volve ás súas orixes
"Os Nanos" - Eles sos retrátanse con estas canalladas
De asuntos familiares, mellor non falar nin opinar. ¡¡ Unha peniña !!
Novo Partido dos Buitres, escindido das Gaivotas

lunes, 14 de mayo de 2007

Unha ducia de cuestións aos Alcaldables e compoñentes das candidaturas.




1.- Colaboración e posible mancomunidade con Mugardos, que sería beneficiosa para ambos municipios en canto ao aforro en orzamentos de equipamentos, instalacións, servizos e mesmo en administración e persoal. Algúns pasos xa están dados: Voto de Chanteiro, Piscina, Depuradora futura, abastecemento de auga, saneamentos, alumados, actividades deportivas, tarefas de ensino, lecer, ..... Pero se poderían incrementar moito máis. ¿Que disposición hai neste tema?.


2.- ¿Consideras necesaria a rexeneración da "clase política" ou cres que vai ben así?. ¿Paréceche que a corrupción non existe, ou que só está nos outros partidos pero non no teu?. ¿Comprométeche a atallala?

3.- Como responderás ante o clientelismo. Beneficiarase aos correlixionarios, porque grazas a eles parece que lles debemos o posto. ¿Trataranse a todos os veciños igual ou alcanzarán máis beneficios os aduladores?

4.- ¿Quedará xa para sempre eliminado o Parvulario de Cervás-Chanteiro e no caso que sexa así, garantirase a escolarización e traslado adecuado aos alumno desta etapa?

5.- ¿Negociarase coa Deputación para a reforma, tantas veces prometida e anunciada, da estrada de Chanteiro para que deixe de ser un camiño veciñal?
6.- ¿Prestarase especial atención para implantar un medio de traslado ás persoas maiores e discapacitadas das parroquias afastadas, para achegalas aos servizos centralizados na vila de Ares: Sanidade, Farmacia, Concello, Xulgado, Correos, Bancos, Asesorías, Mercado, Lecer, ...... ?
7.- Para gobernar o Concello, ¿consideras mellor unha maioría absoluta dun partido ou sería mellor un pacto entre varios, con estabilidade pero vixiante aos desmans? ¿Podería haber unha quenda de Alcaldes por tempadas de cada lista integrante?
8.- ¿Os Alcaldes serían mellores con boa formación ou basta que sexan honrados?. ¿É bo que repitan por varios períodos electorais ou mellor cambiar cada catro anos?.

9.- Se o Alcalde chegase a estar incurso en prevaricacións e delitos, debese dimitir ao ser imputado formalmente, ou pode esperar o veredicto do xuízo que lle chegará probablemente cando xa teña acabado o seu mandato.

10.- ¿Seguirá sen cumprirse a normativa da porcentaxe de vivendas accesibles nas promocións e a non eliminación de barreiras arquitectónicas e servizos adaptados nos establecementos e lugares de concorrencia pública?

11.- ¿Continuarase permitindo a apertura de establecementos sen licenza ou con provisional por moitos anos, evitando así que se cumpran as normativas e logo, pasado o tempo acollerse aos feitos consumados, burlando as leis e deixando aos usuarios en situación de inseguridade xurídica?.

12.- Retomarase a idea, dos tempos de Cuíña, de abrir unha vía pola costa, dende o porto de Ares ata a futura planta depuradora en Chanteiro, con enlaces as estradas existentes da costa, que ben puidese chegar ata Mugardos pola Palma e Montefaro.
------------------------------------
Pódense facer as achegas e contestacións, ben por Comentarios de abaixo ou por o e-mail.

martes, 8 de mayo de 2007

Ano de neves, ano de bens - Ano de eleccións, ano de obras

As eleccións traen obras.
Os partidos atribúense o seu autoría.
Coma se pagásenas eles.


Este primeiro trimestre de 2007 as licitacións de obras nos 315 concellos galegos aumentaron un 110 %, respecto ao mesmo período do 2006. 65 millóns de euros máis que o ano anterior en asfalto e cemento.
A execución e promesa das obras chegan coas furnas.
Forman parte da campaña.
É o máis convincente para o cidadán e aos Partidos que teñen cargos que manexan e destinan os diñeiros públicos, sáelles unha propaganda gratis.

Porque señores, eses diñeiros aportados polos contribuíntes xa son para investimentos públicos. Mais parece coma se puxésenos eles do seu peto particular.

Ata montan disputas, para o seu lucimento, sobre quen conseguiu ou mediou en tal ou cal obra. Algunha mostra parece que hai no ámbito local de Ares.
Cando parece, de xeito evidente, que absolutamente todos os membros e cargos das corporacións debesen contribuír a conseguir traer subvencións e obras para a súa demarcación. É a súa misión, vaille co cargo e algúns co seu soldo.

Pero se esquecen, dando un espectáculo lamentable pero propio das campañas, onde a charlatanería e promesas constitúen o orde do día.
E así vemos, segundo as enquisas e o CIS que a valoración da "clase política" deválase e volve baixar.
A "clase política" non respecta ao adversario nin ao cidadán coas súas actitudes.
Entón, ninguén se cre tampouco as promesas electorais, porque se sabe que é mera publicidade co fin de conseguir os cargos e as prebendas.
Salvo, abofé está, as excepcións de rigor.
Atribuíllese que xa o dixo aquel bo Alcalde de Madrid, o Vello Profesor Tierno Galván : "Os Programas Electorais están para non cumprilos"

Entradas populares más vistas