domingo, 24 de junio de 2007

Auditoría á vista no Concello de Ares. ¡Aquí hai Tomate!

Despois das Contas do Gran Capitán Cendán, trucadas e de puro autobombo que ninguén se cree porque os feitos están xa demostrando que son mentira.


Xorden agora os comportamentos caciquís que o novo Alcalde Julio Iglesias moi certeiramente fai públicos.
Non temos máis remedio que opinar e dicir que parece un moi bo comezo, na sua primeira semana.

Esa claridade así directa, desbarata a rumoroloxía e murmuracións que outros se encargan de facer no seu favor para xustificar os seus desmáns e delitos. Máis claro auga.

¡Grazas novo Alcalde!, a seguir así.

miércoles, 20 de junio de 2007

REGANOSA - ¡ Qué erro, que gran erro político !!

Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado, o Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada - tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.
Os políticos calan. Os intereses son moitos.
Os medios falan coa boca pequena, " o feito peito" e taparase todo con diñeiro.
Xa non queda outra alternativa.


viernes, 15 de junio de 2007

Cendán rende contas os viciños de Ares

Nun Bando, en carta persoal aos veciños e nos medios de difusión, o cesado Alcalde Manuel Cendán rende contas e di que deixa a Ares con saldo millonario. Precisamente faio agora, cando acaban de expulsalo os veciños en eleccións.
Detalla as súas actuacións, enumera proxectos materializados e en fase de futura execucción.


Tendo diñeiro, como tivo Ares nos últimos tempos, pódese facer de todo. ¡Só faltaría iso!.

Pero moito quedou sen facer. Necesidades perentorias para as que faltou vontade.

Non enumera con todo, os gastos superfluos, despilfarros, Festas de Gala, medallas e bastóns.

A máis diso outros moitos que se irán sabendo, cando se sacudan as alfombras do Concello. Haberá outros que nunca se saberán. Non quedará rastro nin xustificante algún.

¿Porqué non se foron rendendo contas antes, cando todo era opaco?. Eran os tempos triunfais de fágoo porqué me dá a gana".
Faise agora porque se sabe a que vai caer e anticípase intentando quedar ben e ademais tranquilizar a conciencia.
O veredicto veciñal xa se fixo, agora hai que esperar o que veña e logo verificar.
O seu mandato non será unha excepción de "conciencia tranquila". Pasou noutros sitios e con outros anteriores e seguramente se nos volverá a deparar nalgún futuro.

¡ Meigas Fora !

Entradas populares más vistas