Como nas seis edicións anteriores, a presente dará lugar a actuacións musicais, actos relixiosos e comida de confraternidade.
O programa arrinca a media mañá, sobre as 11.30, coa primeira das interpretacións musicais, que correrá a cargo da Banda de Gaitas de Ares.
A misa fixouse para as doce do mediodía. Será oficiada por un membro da comunidade mercedaria e interpretada no seu parte musical por Moncho Morado.
Unha vez finalizada a mesma, está prevista a actuación da coral polifónica Eumesa, que servirá de aperitivo ao xantar que, pasadas as dúas da tarde, dará comezo nas propias instalacións do mosteiro.
Pan, empanada, callos, viños do país, auga e refrescos, ademais de bolo de azucre e café, son algunhas das viandas que se servirán durante o xantar.
As persoas interesadas en implicarse no mesmo teñen que achegar a cantidade de 10 euros, no caso de non estar vinculada á entidade convocante, e seis, en caso contrario. Ademais, desde a organización reitérase que se porá á venda diverso material conmemorativo do programa, tal e como foi habitual nas últimas convocatorias.
O Convento.
Edificio levantado en 1393 (fundado por Fernán Pérez "O Bo", señor feudal da comarca), cun estilo románico cando xa se impuñan os canons do gótico.
Coa desamortización de Mendizábal (1837) os franciscanos víronse obrigados a abandonar o mosteiro, pasando a propiedade e a xestión do edificio a mans do exército ata o ano 2000.
Na actualidade está cedido por Defensa o Concello de Ares.
Ten dous claustros, o mellor conservado é de estilo renacentista.
A igrexa sufriu modificacións no século XVIII, en que pasou de planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón sobre arcos.
Retablo de madeira policromada con esquemas de ornamentación barroca.
Algunhas das súas imaxes están en templos ferroláns.
No interior do mosteiro pódense observar restos de capiteis, estatuas, lápidas de sepulcros... Outros restos esculturais do século XVI atópanse na actualidade no Museo Arqueolóxico de San Antón (A Coruña).