O Xulgado desestima a denuncia do Alcalde contra o Sergas
A Consellería de Sanidade a unha pregunta do parlamentario Blanco Parga do BNG, informa ao
Parlamento que:
"A consellería de Sanidade non ten coñecemento de que o Alcalde de Ares teña retirado a querela criminal por prevaricación e falsidade documental contra a Directora Xeral da División de Recursos Económicos do Sergas.
Pola contra, con data 27 de xuño de 2006 o Alcalde de Ares presenta un recurso de reforma e subsidiario de apelación ao Auto ditado polo Xulgado de Instrución nº 4 de Ferrol con data 16 de xuño, onde se acorda o sobresemento provisional e arquivo da denuncia.
Este recurso é impugnado polo Fiscal, alegando que, non existe o máis mínimo indicio de que coa súa conduta a denunciada ao emitir o seu informe procedera de forma interesada, cun contido incerto e manipulado.
Así con data 28 de setembro, o Xulgado de Instrución nº 4 de Ferrol dita un Auto desestimando integramente o recurso de reforma interposto polo Sr. Cendán contra a Resolución de data 16 de xuño de 2006, confirmando a mesma integramente.
A Consellería non recibiu ningunha comunicación oficial nin petición formal para retomar as conversas e negociacións para a construción do Centro de Saúde.
A Consellería de Sanidade non pode executar o investimento previsto no Protocolo de colaboración coa Deputación da Coruña como consecuencia da non dispoñibilidade dos terreos adecuados para a súa realización.
No momento que a Consellería de Sanidade dispoña dos terreos programaranse os investimentos necesarios para dar a mellor asistencia sanitaria á poboación en función das dispoñibilidades presupostarias"
Romayo de Chanteiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario