domingo, 28 de mayo de 2006

Compromiso de Alcantarillado para Chanteiro e DEPURADORA CONCELLOS SUR FERROLTERRA


Na sesión plenaria do Concello de Ares do pasado día 26 de maio 2006, aprobouse por unanimidade, incluír no próximo Plan Operativo Local da Deputación o proxecto de saneamento e depuración das augas residuais de Chanteiro. Unha proposta presentada polos veciños da zona ante o atraso de varios anos na execución destas obras.

Unha Comisión de veciños de Chanteiro nunha entrevista co Alcalde o pasado día 9, lle suscitara a necesidade da execución do proxecto de saneamento e depuración deste lugar de Chanteiro, o único núcleo de Ares que non dispón aínda deste servizo. Fai xa catro anos que fose incluída esta obra nun Plan da Deputación, sen que chegase a ser executado. A petición veciñal ía acompañada de mais de duascentas sinaturas.

O Vicepresidente dá Deputación Xaime Bello, recibira xa con anterioridade os veciños de Chanteiro e asumira o compromiso de incluír xa na próxima anualidade a obra do saneamento de Chanteiro.
Non obstante queda pendente de saber cales son os plans e prazos dá Xunta sobre dá depuradora dá parte sur dá ría, cuxo proxecto elaborado para a zona de Coitelada integra os vertidos dos concellos de Fene, Mugardos e Ares. Todo elo xa prometido dende os tempos de Cuiña.

Romayo de Chanteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas