DE RISA E DE VERAS
Moito se ten lido nos xornais en datas recentes respecto a pretensión do Alcalde Gallardón de talar varias arbores no Paseo do Prado de Madrid, que encontrou oposición entre outras da Baronesa Thyssen, Tita Cervera.
Pois, cousas da vida … , en Ares nas mesmas, datas ocorría un feito semellante.
Xa estamos a altura de Madrid, Marbella, ….
Po-lo menos aquí tamén temos TOMATE.
Aparte da fantasía imaxinativa do Conto de abaixo , deixar sentado que si as arbores estorban para facer algo de intrés, pois se talan. E por cada un que desaparece se planta unha ducia onde sexa beneficioso, pero nunca a capricho e beneficio de calquera chisgarabís por moito diñeiro que teña e votos que carrete.
Por certo, que en varias partes do Municipio e na beira de camiños e carreteiras están arbores que representan un perigo coa a súa caída en canto veña algo de vento.
Como nesta clase de politiqueiros abundan os que gustan das “Tomatadas e Salsas Rosas”, ademais do fútbol, e non queren nin entenden nada de temas culturais, artísticos, científicos, literarios, … debates e recordos da Memoria Histórica, que dicen eles que son cousas do "roxerío”.
Pois entón vámolos amenizar cun
""CONTO DA TALA .............. DE MADRID A ARES""
O conto que vou a poñer, resulta do soñado por un 'Xerifalte' e mandatario local “populista” de Ares, según oídas, e tal que sei eu.
Parece ….., e haberá que créelo, que os “beneficiados” po-la “Tala de Ares”, o celebraron cunha enchente gastronómica regada con bos caldos da Terra, como teñen xa por boa costume, todo ai que dicilo. E … convidaron tamén a mesma ¡qué menos!, a o dito mandatario aresán.
Bo, pois esa noite, o noso protagonista despois de botarse nos brazos de Morpheo, e por mor do marisco e os efluvios do albariño, atopouse cunha pesádela onírico-erótica baseada na tala arbericida da praia do Xuncal de Ares.
Comenzou vendo (¡Qué sorte!) a baronesa Tita Cervera agochada nunha arbore, mostrando tódolos seus encantos de Miss.
Maxestosa visión pro deleite nocturnal despois da bacanal.
Pero xa se sabe …., as pesádelas son fugaces e difusas …..
Ela berraba dende enriba da árbore: Tala, Tala, Tala, ….., que pouco a pouco trocouse en Tola, Tola, Tola, ….. E logo, xa en castelán Loca, Loca, Loca ….
O noso protagonista miraba con pesádela como a baronesa esvaecía, transfigurábase e convertíase en a Loca Xoana.
Sí señores, nin mais nin menos que en “Juana la Loca”, a filla dos Reis Católicos e muller de “Felipe el Hermoso”. E que algúns ven reencarnada, po-lo menos co alcume nunha personaxe da localidade.
¡Que mala noite pasou dende entón!
Aínda hoxe lle veñen o maxín, coma si fora unha motoserra os resultados i ecos da:
Tala, Tala, Tala,Tala, Tala, Tala, Tola, Tola, Tola, Tola, Tola, Loca, Loca, Loca, Loca, Loca, Loca, Loca,……
Para GALLARDON: ¡ ALCALDE: Córtate tú la pilila!
A irresponsabilidade deste grupo da oposición que ainda que asistiron á comisión de urbanismo onde se aprobou a devandita tala á vista dos informes favorables de pesca, asuntos marítimos e medio ambiente da xunta de galicia, non dubidou en difamar ao alcalde
No hay comentarios:
Publicar un comentario