jueves, 30 de noviembre de 2006

MUDANZA DE CASA CONSISTORIAL EN ARES




Paralelismo entre Alcaldes Inauguradores



En estos momentos, en que se inaugura una nueva Casa Consistorial, vamos a recordar que la actual fue construida en el año 1962 y habilitada como Consistorio el 1 Octubre 1963.

Tiene pues 44 años. ¡No son tantos, si se comparan con los 200 años que el alcalde actual augura para la Nueva!

La actual Casa Consistorial, ya remozada en varias ocasiones, tendría plena funcionalidad para un ayuntamiento de cinco mil vecinos, solamente con algunos retoques y ampliaciones de edificios colindantes, como ya se había estudiado en varias ocasiones y era factible llevar a cabo. Ahorrando y empleando en otras necesidades perentorias esas cuantiosas inversiones y despilfarros del "Novo Concello".

La anterior Casa Consistorial era la pétrea edificación que actualmente ocupa el Juzgado de Paz y Registro Civil, en la calle Consistorio que lleva su nombre en la degradada zona do Porto. En su parte baja, por si alguno no lo sabe, estaba el "Cagarrón", prisión para los detenidos.

Con motivo de esta polémica inauguración, podemos hacer un parelelismo entre el Alcalde que inauguró el Consistorio actual: José Antonio Justo Montero y el que inaugura este nuevo: José Manuel Cendán Fernández.
Uno, fue un alcalde designado por el régimen de la dictadura imperante y éste actual por proceso democrático, aunque con manipulaciones censales, según se le imputa.

Ambos de ideología franquista y populista.Justo Montero pasó de militar en el Movimiento Nacional a Alianza Popular. Cendán, con ideario similar, empezó en los cachorros de Alianza Popular y después de aguantar los sinsabores de la oposición municipal, tuvo su oportunidad en el Partido Popular. Su momento de gloria le vino al no haber gente con peso en su partido para encabezar la candidatura y aprovechar la trifulca del Plan de Urbanismo. Plan, por cierto suspendido, pero que tanta cancha le está dando en esta segunda y quizá ultima etapa como Alcalde.

Tiempo habrá para hablar de Cendán, ahora recordemos algo de Justo Montero, alcalde a dedo por 25 años, que paso del franquismo y Movimiento al Populismo.
Fue en el año 1947 cuando se encarga de la alcaldía, para resolver una crisis que había en la Corporación Municipal. Al año siguiente es concejal por el tercio de Cabezas de Familia.

Ostenta la Alcaldía-Presidencia el militar Antonio Espina Vizoso.

Justo es nombrado nuevamente alcalde el 19 de febrero de 1955 y continúa hasta la primeras elecciones democráticas de 1979. ¡Casi un cuarto de siglo!

En su tiempo, no había los presupuestos de esta época, ni tenían los miembros de la corporación los estímulos dinerarios de ahora.Justo Montero era trabajador de Bazán.
Las reuniones de Permanente y Plenos las hacían en horas no laborables, muchas veces de noche e incluso en domingos.

Existían, claro está, las alcaldadas y cacicadas. Pero eso, tambien está a ocurrir ahora.

Y ya que viene a cuento, vamos hablar un poco más de la época de Justo Montero:

Aparte de la Casa Consistorial actual de 1962, durante su extenso mandato se hicieron las alineaciones y pavimentación con aceras de las principales calles y plazas de Ares.

La zona rural y parroquias, fueron las grandes olvidadas. Todo era puro centralismo municipal..., también ahora.

No obstante se consiguió una obra añorada: la carretera de Cervás al Baño de la Diputación. Justo Montero fue Diputado Provincial desde el año 1967.

De ésta época son también las primeras iluminaciones de calles, red de agua potable y alcantarillado de la villa de Ares. También la implantación de la recogida de basuras.

La construcción del Centro Rural de Higiene y Casa del Médico, que evolucionó al actual Centro de Salud.

Lo son también el servicio automático de telefonía, el Centro Concentrado Escolar para los alumnos de todo el municipio y algunas mejoras en la red eléctrica.

Importante fue la iniciación de lo que hoy es el Parque Rosalía de Castro, con el relleno de parte del paseo marítimo y la barandilla y muro de defensa de la playa de Ares. Este es el único pulmón y espacio de recreo existente en la villa. Despues vino el cemento y el ladrillo.

En su época se construye la primera Polideportiva Municipal y coincide también con la instalación en este municipio del Centro Emisor de RTVE de Montefaro.

Fue también fundador y vicepresidente de la Mancomunidad de Municipios de la Ría de Ferrol, de nefasto funcionamiento y socio de honor del Centro de Iniciativas y Turismo "Ría de Ares", dando los primeros pasos en lo que actualmente es hoy la primera industria de Ares: el Turismo.
Romayo de Chanteiro

domingo, 26 de noviembre de 2006

A MAIORIA DO PP IMPEDE QUE O PLENO DO CONCELLO DE ARES ABORDE A MELLORA DA REDE DE SUMIDOIROS NO CASCO URBANO


Nota de Prensa do

GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE ARES

Os votos do PP impederon o pasado Venres que prosperase unha proposta do BNG na que se solicitaba que os 126.420 euros que corresponden investir para o vindeiro ano ao noso concello dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación foran dirixidos a abordar unha primeira fase da mellora da rede de sumidoiros do casco urbano de Ares; e que desde a nosa organización consideramos unha das máximas prioridades no capítulo das infraestruturas básicas municipais.
Efectivamente, ao deterioro que ven sofrindo a rede municipal de sumidoiros por mor do paso do tempo hai que engadir un factor adicional como é o feito do sobredimensionamento por mor das contínuas ampliacións que se rexistran como resultado da conexión á rede xeral de novas vivendas. Sobre este aspecto, hai que comentar que na rede xeral existente foron conectados nos últimos anos os núcleos de Pedrós, Cervás e Lubre; ademáis das ampliacións do núcleo urbano de Ares, atopándonos na actualidade cun volúme de conexións á rede de sumidoiros que mesmo pode chegar a duplicar a capacidade da rede xeral.
As argumentacións do BNG para xustificar a urxencia nesta actuación baseáronse tamén na evidencia que deixaron as choivas nestes últimos dias; que colapsaron a rede de sumidoiros en numerosos puntos do casco urbano, e que provocaron inundacións en numerosas vivendas particulares. A falta de limpeza e mantemento da rede de sumidoiros e as operacións de vertido á rede xeral que están a facer numerosas empresas que realizan excavacións para a construción de vivendas; constitúen outro dos factores de deterioro da rede xeral de sumidoiros.
Aínda con todo este panorama, a maioría do PP non só non foi receptiva á proposta feita polo BNG; senón que finalmente acordou aprobar que a cantidade de 126.420 euros fose adicada a unha nova ampliación da rede de saneamento – situada maiormente fóra de solo urbano - a conectar coa rede xeral. Ou sexa que, en lugar de solucionar o problema, o que se fai é precisamente agravalo; aumentando máis aínda a presión sobre unha infraestrutura que se sitúa ao borde do colapso. E, para pór a “guinda”, no mesmo pleno aproban tamén a suba das taxas da rede de sumidoiros….
A pesar desta negativa do PP, o Grupo Municipal do BNG vai presentar na vindeira semana unha nova proposta para que, á vista da situación de bonanza económica que semella existir no noso concello, os 48.000 euros que o PP ten previsto derrochar o vindeiro dia 6 de Decembro, sexan adicados xustamente ao mantemento da infraestrutura básica para o conxunto da cidadanía, como é o caso da rede de sumidoiros. As festas e os fastos, se os queren, que os paguen cos seus cartos; máis nunca cos nosos impostos.

Ares, 25 de Novembro do 2006.
Asdo.- Manuel Rodríguez Doval. Portavoz do Grupo Municipal do BNG.
Romayo de Chanteiro

sábado, 4 de noviembre de 2006

Corrupción a Estribor - O Concello de Ares, bo o pobo, terá que devolver 250.000 € malgastados





Sí, igual que na película de Berlanga. Aquí ninguén é responsable. Así calquera é cargo público. Irresponsabilidade para malversar diñeiro dás arcas públicas. As "desfeitas" páganas os cidadáns. Eles sempre collen proveito, aínda que se gardan ben de que non sexa demostrable. Nunca teñen condenas de devolver o apropiado ou malgastado. Todo págao o contribuínte, ata a súa defensa e xudialización dos casos.
Alguén debe parar esta tropelía, que non correspóndese cun sistema democrático co que se enchen a boca. Haberá que pensalo ben para as próximas municipais. Pero, .... é que non hai outros. A xente decente non preséntase e quedan as listas para os golfos, truáns e chourizos.
¡ Como melloran alguns, que entraron cunha zoca e un lorcho, e saen fardados !!


Romayo de Chanteiro

martes, 31 de octubre de 2006

A "COVA DOS MOUROS" Cervás (ARES) - Historia e Lenda


COVA DOS MOUROS DE CERVÁS (ARES) - A Coruña - Galicia
Perforación de orixe descoñecida, que mide máis de cen metros de longo, por metro e medio de alto e preto dun metro de ancho.
Á beira había un castro céltico que aproveitouse despois como fortificación artilleira. A ensinada deste lugar coñécese como Santa Mariña. Alí había un illote, separado da punta por un estreito brazo de mar de orixe erosivo.

Anciáns xa desaparecidos da parroquia de Cervás, afirmaban ter oído dicir aos seus antepasados que esta illa a lembraban aínda unida a terra firme. Na illa descubríronse sollares e restos de tellas, que con toda probabilidade eran os restos dun Santuario erixido en honor á mártir galega Santa Mariña, que diu nome ao lugar, e que se afundiu pola acción erosiva do mar da ría de Ares.
Pois alí preto, atópase a denominada pola fantasía popular "COVA DOS MOUROS". Perforación tonelada que non é de orixe natural, senón que se notan as pegadas de que foi escavada a man e, co entullo sacado formouse un enorme barranco.

De lonxitude indefinida, nos anos cincuenta cifrábase nuns cen metros, pero nunca púidose chegar ao final, por atoparse derrubamentos e falta de osíxeno.

Nunca se soubo con certeza sobre a orixe e a utilidade desta perforación. As hipóteses sobre o particular son sumamente variadas.
Uns opinan que foi habitación prehistórica e que a circunstancia de atoparse ao bordo dun precipicio, fai pensar que os seus moradores dedicábanse á caza polo procedemento de acosos ás reses, para que se despeñaran naqueles quebradizos. Outros a supoñen feita polos fenicios, con vistas á extracción de estaño ou, polo menos, considérana antiga explotación mineira. Algúns pensan que puido ser para captación dunha traída de auga. Non falta quen di que foi unha especie de refuxio ou polvorín da batería establecida no castro veciño.

En fin, a fabulación sobre esta Cova é abundantísima e algúns supoñen que chegaba ata Mehá (Mugardos), na ribeira da ría de Ferrol.

As denominadas vulgarmente Covas dos Mouros, existen en moitas partes de Portugal, Galicia, Asturias, ...., forman parte da "cultura castrexa", e a fabulación popular as denominaba así, aínda descoñecendo a súa orixe.
Romayo de Chanteiro



LEYENDA DE ARES - (A CORUÑA)
"AS BOCAS DO SANGUE"
======================
Se basa en una historia, falsa o cierta, respecto de unos amores adúlteros entre una mujer, esposa de un soldado de los guardias del poderoso Señor de Andrade en el Siglo XIV y un capitán de sus tropas.
El esposo mata a los adúlteros y los arroja a una cueva, en la que él sucumbe también, ante la persecución de las mesnadas del de Andrade.
Dice la Leyenda, que en ciertas ocasiones se oyen como unos lamentos extraños y que el que los escucha no tardas en morir.
Se sitúa este suceso - leyenda, en las "COVAS DE SANTA MARIÑA" en la parroquia de CERVÁS. (ARES).



jueves, 26 de octubre de 2006

O CONCELLO DE ARES NON TEN NINGUN INTERESE POLO CENTRO DE SAUDE

O Xulgado desestima a denuncia do Alcalde contra o Sergas

A Consellería de Sanidade a unha pregunta do parlamentario Blanco Parga do BNG, informa ao
Parlamento que:


"A consellería de Sanidade non ten coñecemento de que o Alcalde de Ares teña retirado a querela criminal por prevaricación e falsidade documental contra a Directora Xeral da División de Recursos Económicos do Sergas.

Pola contra, con data 27 de xuño de 2006 o Alcalde de Ares presenta un recurso de reforma e subsidiario de apelación ao Auto ditado polo Xulgado de Instrución nº 4 de Ferrol con data 16 de xuño, onde se acorda o sobresemento provisional e arquivo da denuncia.

Este recurso é impugnado polo Fiscal, alegando que, non existe o máis mínimo indicio de que coa súa conduta a denunciada ao emitir o seu informe procedera de forma interesada, cun contido incerto e manipulado.

A totalidade das actuaciós revelan que a Directora Xeral da División de Recursos Económicos do Sergas limitouse a emitir un informe técnico, criminalizar o contido do mesmo sería tanto como predeterminar o ditame que contivera.

Así con data 28 de setembro, o Xulgado de Instrución nº 4 de Ferrol dita un Auto desestimando integramente o recurso de reforma interposto polo Sr. Cendán contra a Resolución de data 16 de xuño de 2006, confirmando a mesma integramente.


A Consellería non recibiu ningunha comunicación oficial nin petición formal para retomar as conversas e negociacións para a construción do Centro de Saúde.


A Consellería de Sanidade non pode executar o investimento previsto no Protocolo de colaboración coa Deputación da Coruña como consecuencia da non dispoñibilidade dos terreos adecuados para a súa realización.

No momento que a Consellería de Sanidade dispoña dos terreos programaranse os investimentos necesarios para dar a mellor asistencia sanitaria á poboación en función das dispoñibilidades presupostarias"

Romayo de Chanteiro

miércoles, 18 de octubre de 2006

EN CHANTEIRO, HACE 50 AÑOS - CRIA DE VACA CON DOS CABEZAS

A PUCHA DE ROZAS
Trátase da "Pucha de Rozas". José Rozas que vivía no lugar do Curro en CHANTEIRO (Ares)


O texto escrito na mesmo retrato dí:

"Esta ternera que se ve en la foto tiene dos cabezas unidas, dos bocas, cuatro ojos y dos orejas. Por lo demás es normal.

Nació en Chanteiro (Ares) el día 29 de Junio de 1.956. FOTO PITA"

Era o dia da Festa de San Pedro en Cervás, e foi moita a xente que veuna ver. Seguiron vindo a vela durante as duas semanas seguintes moita xente da bisbarra.
Era alimentada a biberón, pero pese a ser atendida por veterinario morreu aos poucos días.
FOTO: Juan Martínez



Romayo de Chanteiro

viernes, 2 de junio de 2006

Atípica Festa-Homenaxe aos maiores de Ares, o sábado 10 do San Xoán


As festas homenaxe ás persoas maiores, que se celebran en Xeriátricos, Residencias, Fogares Terceira Idade e tamén as organizadas polos Servizos Sociais de Concellos e outros organismos, son en grao sumo variadas e diferentes.
Non podía ser doutro xeito.
Unhas consisten en certames e concursos con participación dos maiores. Algunhas inclúen charlas, actuacións teatrais, musicais e humorísticas. Case todas acaban con entrega de trofeos, premios e distincións a os de máis idade. Homenaxean ás persoas máis lonxevas do municipio. Tamén ás persoas de idade que realizan algunha actividade en beneficio dos demais ou polo ben da sociedade.

Entregan premios de concursos de confraternización entre Avós e Netos.
E en fin, unha chea de cousas que os encargados dos servizos sociais debían idear ou copiar doutras Institucións.
Xeralmente os actos inclúen tamén, ¿como non?, un xantar, merenda ou refrixerio e terminan cun baile. Pero case absolutamente todas, teñen un denominador común: celébranse durante o día ou pola tarde e rematan á noitiña.


Pois ben a Festa-Homaxe aos maiores de Ares, que se efectúa desde fai uns anos no pavillón deportivo, é un tanto atípica polo seu horario de celebración e actividade.
Consiste nunha cea ao redor das 10 da noite, para rematar cun baile pasadas xa a media noite.

¡Hai que ser maior, con moita vitalidade para poder resistir!
Sábese perfectamente, que nese horario a maioría da Terceira Idade está na cama.

Pero ocorre que a esa festa, preparada coa escusa de render homenaxe aos maiores, acode xente que non entra no baremo da terceira idade. Asisten tamén outro tipo de invitados e familiares que utilizan a tarxeta dos seus maiores, ou se coan co a aquiescencia dos organizadores, e faise o despilfarro, segundo custo de anos anteriores de preto de 20.000 euros das arcas municipais que sufragan os contribuíntes.

Non negamos que hai xente que di que lle encanta a festa e que o pasa moi ben. Pero moitos, a realidade, dino porque parécelles que sae todo de balde.
O lecer e esparcemento son necesarios. Os maiores meréceno. Pero hai que aplicalo con sentido, porque para ir bailar uns cantos, xa están as festas populares ou sairía mellor levarlles a unha sala de festas para maduros, que hai na bisbarra e que se coñece vulgarmente como "O Desguace"

martes, 30 de mayo de 2006

A Xunta nombra ao edil Julio Iglesias Director Xeral de Xustiza - Carreira de Candidatos


Pode que esa designación / nomeamento sexa un trampolín para promocionalo e logo presentalo como candidato á Alcaldía de Ares. Casos así xa se teñen dado.

E o mesmo Iglesias déixao entrever cando dixo:
Ao preguntarlle polo seu primeiro obxectivo, Iglesias respondeu que terá que mirar «a axenda
do antecesor». Con todo, houbo a outra cuestión que respondeu sen problemas e de forma moi
clara: «Estarei ás ordes do partido, pero está abofé que o meu obxectivo preferente é ser
alcalde de Ares, por iso entrei en política e iso é o que quero ser. E non me importaría
deixar o cargo para loitar por iso».


Pero todo dependerá de moitas variables, de todos xeitos ¡Noraboa! e ... "Un canto a Galicia, ¡Hey!, terra de meus pais ... "

CARREIRA DE CANDIDATOS
E seguimos coas lucubracións de candidatos:

O PP en "Ares ten cos Nanos alcaldes a pares". Pois o protagonismo estes días de Luís Cendán, fai pensar que quizais se o cansazo ou outras circunstancias do actual Alcalde lle inhabilitan, lle suple perfectamente o outro xemelo. E ademais moita xente nin notará o cambio, que sí o hai en actitudes e ton de voz.

Notas de Prensa nestas datas:

Como adoita suceder no salón nobre aresano, a pouco de comezar a sesión, a discusión entre o
portavoz do PP, Luis Cendán, e o concelleiro do BNG, Manuel Rodríguez Doval, comezou a
tornarse acalorada.

- - - - - - - - - - - - - -
Raso e Chanteiro (por citar as máis concorridas do total de oito praias coas que conta o municipio) seguirán abertas baixo a vixilancia de Protección Civil, que se dedicará a facer tarefas de reforzo, segundo apuntou onte o tenente de alcalde, Luis Cendán.
- - - - - - - - - - - - - - - - -
El edil Luis Cendán recordó que ya están «case rematadas as obras» y que solamente quedan pequeños retoques como el pintado de las gradas del Polideportivo.
- - - - - - - - - - - - - - - -
Luis Cendán, también le dedicó unas palabras afectuosas a Julio Iglesias, al recordarle que «aunque fueron muchos los encontronazos, lógicamente, también hubo cosas buenas y desde luego hay que agradecer los años compartidos». Luego, Cendán no dudó en decir lo siguiente: «De corazón te deseo que te vaya muy bien».


No outro grupo municipal BNG, non se atisba nada que saibamos. Pero, a verdade é que Rodríguez Doval candidato de etapas anteriores xa queda un tanto obsoleto, ademais tendo en conta que xa foi Alcalde e neste cargo sempre se queda tocado, cando despois non se volve a saír.


Romayo de Chanteiro

domingo, 28 de mayo de 2006

Compromiso de Alcantarillado para Chanteiro e DEPURADORA CONCELLOS SUR FERROLTERRA


Na sesión plenaria do Concello de Ares do pasado día 26 de maio 2006, aprobouse por unanimidade, incluír no próximo Plan Operativo Local da Deputación o proxecto de saneamento e depuración das augas residuais de Chanteiro. Unha proposta presentada polos veciños da zona ante o atraso de varios anos na execución destas obras.

Unha Comisión de veciños de Chanteiro nunha entrevista co Alcalde o pasado día 9, lle suscitara a necesidade da execución do proxecto de saneamento e depuración deste lugar de Chanteiro, o único núcleo de Ares que non dispón aínda deste servizo. Fai xa catro anos que fose incluída esta obra nun Plan da Deputación, sen que chegase a ser executado. A petición veciñal ía acompañada de mais de duascentas sinaturas.

O Vicepresidente dá Deputación Xaime Bello, recibira xa con anterioridade os veciños de Chanteiro e asumira o compromiso de incluír xa na próxima anualidade a obra do saneamento de Chanteiro.
Non obstante queda pendente de saber cales son os plans e prazos dá Xunta sobre dá depuradora dá parte sur dá ría, cuxo proxecto elaborado para a zona de Coitelada integra os vertidos dos concellos de Fene, Mugardos e Ares. Todo elo xa prometido dende os tempos de Cuiña.

Romayo de Chanteiro

viernes, 12 de mayo de 2006

O CONTO DA TALA EN ARES - TALA, TOLA, LOCA, ....

DE RISA E DE VERAS

Moito se ten lido nos xornais en datas recentes respecto a pretensión do Alcalde Gallardón de talar varias arbores no Paseo do Prado de Madrid, que encontrou oposición entre outras da Baronesa Thyssen, Tita Cervera.

Pois, cousas da vida … , en Ares nas mesmas, datas ocorría un feito semellante.

Xa estamos a altura de Madrid, Marbella, ….

Po-lo menos aquí tamén temos TOMATE.

Aparte da fantasía imaxinativa do Conto de abaixo , deixar sentado que si as arbores estorban para facer algo de intrés, pois se talan. E por cada un que desaparece se planta unha ducia onde sexa beneficioso, pero nunca a capricho e beneficio de calquera chisgarabís por moito diñeiro que teña e votos que carrete.

Por certo, que en varias partes do Municipio e na beira de camiños e carreteiras están arbores que representan un perigo coa a súa caída en canto veña algo de vento.

Como nesta clase de politiqueiros abundan os que gustan das “Tomatadas e Salsas Rosas”, ademais do fútbol, e non queren nin entenden nada de temas culturais, artísticos, científicos, literarios, … debates e recordos da Memoria Histórica, que dicen eles que son cousas do "roxerío”.

Pois entón vámolos amenizar cun
""CONTO DA TALA .............. DE MADRID A ARES""

O conto que vou a poñer, resulta do soñado por un 'Xerifalte' e mandatario local “populista” de Ares, según oídas, e tal que sei eu.

Parece ….., e haberá que créelo, que os “beneficiados” po-la “Tala de Ares”, o celebraron cunha enchente gastronómica regada con bos caldos da Terra, como teñen xa por boa costume, todo ai que dicilo. E … convidaron tamén a mesma ¡qué menos!, a o dito mandatario aresán.

Bo, pois esa noite, o noso protagonista despois de botarse nos brazos de Morpheo, e por mor do marisco e os efluvios do albariño, atopouse cunha pesádela onírico-erótica baseada na tala arbericida da praia do Xuncal de Ares.

Comenzou vendo (¡Qué sorte!) a baronesa Tita Cervera agochada nunha arbore, mostrando tódolos seus encantos de Miss.

Maxestosa visión pro deleite nocturnal despois da bacanal.

Pero xa se sabe …., as pesádelas son fugaces e difusas …..
Ela berraba dende enriba da árbore: Tala, Tala, Tala, ….., que pouco a pouco trocouse en Tola, Tola, Tola, ….. E logo, xa en castelán Loca, Loca, Loca ….

O noso protagonista miraba con pesádela como a baronesa esvaecía, transfigurábase e convertíase en a Loca Xoana.

Sí señores, nin mais nin menos que en “Juana la Loca”, a filla dos Reis Católicos e muller de “Felipe el Hermoso”. E que algúns ven reencarnada, po-lo menos co alcume nunha personaxe da localidade.

¡Que mala noite pasou dende entón!

Aínda hoxe lle veñen o maxín, coma si fora unha motoserra os resultados i ecos da:

Tala, Tala, Tala,Tala, Tala, Tala, Tola, Tola, Tola, Tola, Tola, Loca, Loca, Loca, Loca, Loca, Loca, Loca,……

Para GALLARDON: ¡ ALCALDE: Córtate tú la pilila!

O Alcalde de Ares DENUNCIA:

A irresponsabilidade deste grupo da oposición que ainda que asistiron á comisión de urbanismo onde se aprobou a devandita tala á vista dos informes favorables de pesca, asuntos marítimos e medio ambiente da xunta de galicia, non dubidou en difamar ao alcalde

Aparece o Permiso do Concello da TALA DE ARES

Entradas populares más vistas