lunes, 21 de marzo de 2011

Mugardos no recordo - Neste primeiro día de Primavera


Mugardos no recordo, neste día de Primavera

Hoxe, un día espléndido de inicio de Primavera, vénme ao recordo un deses días por esta época en que á tardiña, baixaba de Chanteiro ata Mugardos a tomar uns viños ribeiros e atopábame na acolledora "Pousada do Mar", que rexentaba o amigo de La Redonda José María Sousa con algúns coñecidos ou non, ………. ¡ era igual!.
Entre eles tiña a dous entrañables mugardeses, de todos coñecidos, ligados toda a vida á mar e que me dispensaban un afecto especial e conversación amena e repleta de experiencias e filosofía da vida.
A través deles, entón xa maiores e xubilados, rememorábase a historia local e as penurias e miserias dunha subsistencia vital e non moi grata por os enormes traballos, sacrificios e malos anos que pasaron para sacar as súas familias adiante.
Pero homes sans, íntegros moralmente e de abundantes anécdotas e recordos que compartían con quen como eu, achegábame a eles porque así mo demandaban e agasallábanme con invitación a unhas cuncas ou tazas de viño, que engraxaban e soltaban a lingua que era unha marabilla.

José María Sousas, o dono de "A Pousada do Mar", tamén xa fai anos falecido, terzaba tamén nas conversacións, porque lle gustaba a xolda e a broma e sempre invitaba unhas roldas e puña algún que outro petisco gratis: polbo, xiba, riles, .... que tiraban polo viño. E claro, as roldas ían aumentando.

Luís "O Mareas", era socarrón e de falar pausado. Pero sempre acababa referíndose "as cousas dá vida". Gustáballe mirar para as rapazas, e de certo que tinga amistade con moitas novas mugardesas que me presentaba. Porque él xa despois de retirado dos traballos que exercera durante a vida laboral, relacionada co mar, tinga un taller de confección e reparación de redes e artes de pesca, onde traballaban un bo ramallete de rapazas mugardesas novas e bonitas que tivemos a sorte de coñecer e ata facer amistade con elas.
Cando eu lles falaba do rumoroso e conversador que era Luís "O Mareas", elas dicíanme que unha cousa era na rúa e outra no traballo. Parece que lles marcaba bastante na tarefa; pero claro os empresarios teñen que defender a boa marcha dá Empresa.
Cando saía sempre levaba a súa muller Marina, que sentaba nunha cadeira acompañada normalmente dalgunha filla. Conocínlle dúas, unha casa
da cun hirmán do carniceiro mugardés "Litón" e a outra cun que destacase como futbolista mugardés con nome de Alvarito. Pero a "O Mareas", como a moitos mais gustábanos a barra e tropezar coa xente.

Manolo Rañales, "O Marmulos", non era tan refinado. Esbardallaba mais, e sempre estaba dándolle voltas a boina.
Era dunha moi extensa familia de mariñeiros "Os Marmulos de Mugardos", que aínda coñezo a moitos. Unhos seis ou sete fillos dedicáronse tamén o mar, e tamén varios irmás, primos e sobriños, que aínda o fan e son dabondo coñecidos en Mugardos, Ferrol, Ares e toda a comarca. Aínda falo ás veces con algún en Cervás ou Mugardos.

Manolo, "O Marmulos", era sempre tamén de barra, e entre vaso e vaso ocurriánselle os chistes e preguntas. A min case sempre chamábame polo nome de meu pai a que coñecera.
E así dicíame: Sotero, si me
acertas este douche mil pesetas.
Co tempo eu fun aprendéndolle todos, porque se repetía moito, e claro xa non ofrecíame premio. Pero insistía, a ver se sabes este:

A ver, dicíame: Que ten a Raíña de Inglaterra non medio dás pernas?.
- Pois o que teñen tódalas mulleres, contestáballe.
- Non, a Raíña de Inglaterra ten non medio dás pernas "
O Corte Inglés".

A ver outro, Que peixe hai non mar, que se escribe sen nigunha letra?
- A raia, claro , a raia que soamente se escribe cunha raia e sen letras.

- Cal é a mellor recomendación que hai?
E cando víache dubidar, dicía, non e nin Franco, nin o Cardeal, nin ....
- A mellor recomendación son os Reyes Católicos.
Cando víache dubidar dicía:
- Si home, a mellor recomendación son os Reyes Católicos porque veñen nos billetes de mil pesetas. Daquela viñan debuxados nos billetes verdes de mil pesetas, e tamén viña San Isidoro.

E seguía "O Marmulos", a ver.... cal é a cousa que menos pesa non mundo?
Se che vía dubidando xa el se adiantaba.
- A cousa que menos pesa e "o carallo", pois soamente co pensamento xa levántase.
Dás mulleres tinga moitos acertixos: onde teñen as mulleres ou pelo mais rizo?, - Pois en África home, non sexas mal pensado.

Imos ver, contéstame a isto: En que mes falan menos as mulleres?
- E falarán sempre igual, como todo ou mundo, diciámoslle.
- Non, o mes en que menos falan as mulleres e fe
breiro, porque ten menos días.

E seguía, a ver rapás, díme: Que é o primeiro que fan as mulleres cando levántanse dá cama?

- ¡¡, lavar a cara, vestirse, xantar, ......
- Non, o primeiro que fan as mulleres ao levantarse dá cama e baleirar o pucheiro do leite. (?).

A ver, José María, terzaba, ponme aí unha tapa de "retratos".
E dirixídose a min dicía, sabes o que son os "retratos"?, pois os mexilóns, que son igualiños que a "cousa" dás mulleres.

- E tí sabes onde hai mais "minchas" (bígaros).
- Pois na ribeira, nas pedras e rochas.
- Non acertaches, onde hai mais "minchas" e paseando as mulleres pola rúa Real de Ferrol.

- E xa cando se embalaba, tí entendes de mar?, díme entón se éste e polbo ou lura.

E seguía xa con ¿Que peixe hai non mar que pare congritos? - A congria, claro a congria.

Entón había xa que paralo.

Pero remataba preguntando: Imos ver se sabes este. Douche mil pesetas?
- A ver cal é.
- Que ten a muller debaixo dá roupa?
Se vía que dubidabas ou tardabas, xa se adiantaba:
- A muller debaixo dá roupa ten: "dous con leite e un cortado".

Bo, vou rematar coa nostalxia que me producen aqueles tempos, cando asiduamente ía por Mugardos.
Agora xa vou moito menos, non mo permite o corpo nin o mal chamado desenrolo urbanístico, e circulatorio.
Antes podía, coa miña deficiencia física funcional, aparcar fronte mesmo a "Pousada do Mar" e agora todo son prohibicións, pivotes, bolardos, obstáculos e a nai que pariunos.

Levo moitos anos sen visitar ese e outros moitos mesóns e bares de Mugardos, que tanto me gustaban e gozaba. ¡Que vaia ese progresismo a tomar ....... ventos!

Pero acabo rememorando a xente mugardesa, entre eles os típicos: Tucho Calé, Angel Díaz "Paparratos",Nardiño, Rafael "Carpanta", "O Coyote coa súa guitarra", "Os Colchoeiros" Sita e Pepe, Pepe e Nieves dá "Isla", Andrés Romero, Cazón, O Palomo, As Laratas, O Peña do Veracruz, Los Helvetas, Casa Pedro, Chipirón, A Abundancia, O Tirabeque, Bar Galicia "O Tropezón", e moitos e moitos mais.
O "Kiosko de Loly Santalla", merece mención especial, e as moitas e moitas amigas coas que compartín indelebles recordos.
¡¡ Vai Por todos ..... !!

Entradas populares más vistas