miércoles, 28 de febrero de 2007

Manuel Cendán colleulle gusto ao sillón e quere recuncar


Empeza a carreira para ocupar a espléndida -- segundo din -- sala da alcaldía, do flamante e polémico Pazo Municipal do Paseo Marítimo. O actual inquilino preséntase oficialmente este sábado, arroupado polos seus valedores no Partido Popular.
Con estes personaxes resarcirase do frío que pasou na Inauguración, onde oficiou en solitario.

jueves, 22 de febrero de 2007

A ESTUDIO O FUTURO DO MOSTEIRO DE MONTEFARO



Parece ser que despois de terse gastado unha morea de cartos en pagarlle a uns amigos por realizar un plano de usos, agora hai que crear unha fundación publico-privada para buscar que facer co mosteiro.
E A NINGUEN LLE CAE A CARA DE VERGOÑA!!!!!

viernes, 16 de febrero de 2007

O SERGAS opta pola ampliación do actual Centro de Saúde de Ares

Despois de oito anos de promesas, lías e desencontros, parece que se reaviva agora o tema do Centro de saúde de Ares.
O nulo intres de uns e outros está a piques de dar o traste cunha inversión de máis de un millón de euros. E o amaño do Centro de saúde coas condicións axeitadas que o actual non reúne.
Benvida sexa esta nova, si é que agora se vai levar a diante.
E se pon fin as desidias e cabreos dos que xogan cos cartos públicos como si foran propios, facendo a política máis rastreira posíbel, aínda prexudicando os cidadáns aos que dentro de pouco chamarán para que os apoien co seu voto.

ENCHUFISMO E FUNCIONARIADO MUNICIPAL

Antroidada case dixital PROBAS ¡XA!

¿¿¿¿ ..........???
En pasadas datas escomenzando o Entroido, disque entrou por Fax no Concello de Ares un escrito da concelleira socialista na Corporación, impugnando as bases coas que "Os Nanos" pretendían facer funcionarios a sete traballadores do Concello cun concurso-oposición dicen que feito a medida dos aspirantes, só cunha proba tipo test, outra de galego cunha valoración ridícula e cun temario inferior o esixido legalmente para prazas da mesma natureza. Ademais dise, que o martes 13 ás 11 da mañá, a mesma concelleira socialista presentouse no Concello acompañada por dúas avogadas para proceder a vista de todo o expediente sobro ditas prazas para preparar o recurso contencioso-administrativo, negándolles o Alcalde en persoa o acceso ó mesmo, feito que é constitutivo da comisión dun delito de violación do dereito a información que foi reflectido polo Secretario do Concello por escrito a petición de ditas avogadas e que, por descontado, dará lugar a correspondente denuncia penal contra o alcalde.Este asunto xa fora denunciado publicamente nos medios polo BNG, en Outubro pasado.


Reposición da Secretaria do Xulgado
Por outra banda, o avogado da ex secretaria do Xulgado de Paz de Ares solicitou que a traballadora sexa reintegrada ao seu posto do que foi despedida pola Alcaldía trala denuncia da voda falsa oficiada polo mandatario municipal. Ao ser todos os pronunciamentos xudiciais favorables á ex funcionaria, o letrado sostén que debe ser posta de novo no cargo de secretaria. Tralo seu cese, o Concello contratara a outra persoa.

jueves, 8 de febrero de 2007

Mudanza de vivenda Nano II (01-02-07) e Fiscalía

Na Fiscalia, comparece o BNG
Primeiros prognósticos que se escoitan para as próximas municipais
Cabezas de Listas:
Partido Popular: M. Cendán (Nano I)
Nueva Alianza: L. Cendán (Nano II)
PSdeG - PSOE : Julín
BNG : Belén
UpARES : Chente

Demolición de construcción ilegal.
Tarifas uso do Polideportivo Municipal
Boletín Oficial da Provincia

Entradas populares más vistas