martes, 31 de octubre de 2006

A "COVA DOS MOUROS" Cervás (ARES) - Historia e Lenda


COVA DOS MOUROS DE CERVÁS (ARES) - A Coruña - Galicia
Perforación de orixe descoñecida, que mide máis de cen metros de longo, por metro e medio de alto e preto dun metro de ancho.
Á beira había un castro céltico que aproveitouse despois como fortificación artilleira. A ensinada deste lugar coñécese como Santa Mariña. Alí había un illote, separado da punta por un estreito brazo de mar de orixe erosivo.

Anciáns xa desaparecidos da parroquia de Cervás, afirmaban ter oído dicir aos seus antepasados que esta illa a lembraban aínda unida a terra firme. Na illa descubríronse sollares e restos de tellas, que con toda probabilidade eran os restos dun Santuario erixido en honor á mártir galega Santa Mariña, que diu nome ao lugar, e que se afundiu pola acción erosiva do mar da ría de Ares.
Pois alí preto, atópase a denominada pola fantasía popular "COVA DOS MOUROS". Perforación tonelada que non é de orixe natural, senón que se notan as pegadas de que foi escavada a man e, co entullo sacado formouse un enorme barranco.

De lonxitude indefinida, nos anos cincuenta cifrábase nuns cen metros, pero nunca púidose chegar ao final, por atoparse derrubamentos e falta de osíxeno.

Nunca se soubo con certeza sobre a orixe e a utilidade desta perforación. As hipóteses sobre o particular son sumamente variadas.
Uns opinan que foi habitación prehistórica e que a circunstancia de atoparse ao bordo dun precipicio, fai pensar que os seus moradores dedicábanse á caza polo procedemento de acosos ás reses, para que se despeñaran naqueles quebradizos. Outros a supoñen feita polos fenicios, con vistas á extracción de estaño ou, polo menos, considérana antiga explotación mineira. Algúns pensan que puido ser para captación dunha traída de auga. Non falta quen di que foi unha especie de refuxio ou polvorín da batería establecida no castro veciño.

En fin, a fabulación sobre esta Cova é abundantísima e algúns supoñen que chegaba ata Mehá (Mugardos), na ribeira da ría de Ferrol.

As denominadas vulgarmente Covas dos Mouros, existen en moitas partes de Portugal, Galicia, Asturias, ...., forman parte da "cultura castrexa", e a fabulación popular as denominaba así, aínda descoñecendo a súa orixe.
Romayo de Chanteiro



LEYENDA DE ARES - (A CORUÑA)
"AS BOCAS DO SANGUE"
======================
Se basa en una historia, falsa o cierta, respecto de unos amores adúlteros entre una mujer, esposa de un soldado de los guardias del poderoso Señor de Andrade en el Siglo XIV y un capitán de sus tropas.
El esposo mata a los adúlteros y los arroja a una cueva, en la que él sucumbe también, ante la persecución de las mesnadas del de Andrade.
Dice la Leyenda, que en ciertas ocasiones se oyen como unos lamentos extraños y que el que los escucha no tardas en morir.
Se sitúa este suceso - leyenda, en las "COVAS DE SANTA MARIÑA" en la parroquia de CERVÁS. (ARES).



7 comentarios:

  1. Anónimo11:53 a. m.

    que cosas mas curiosas hai en este mundo.... saludos

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11:40 a. m.

    hOLA !GRACIAS POR FACERVOS ECO DO ACONTECEMENTO.PRONTO VOS PODEREMOS DAR UNHA NOTICIA PARECIDA DA NOSA COMARCA.....TEREDES A EXCLUSIVA JEJEJE DEBO DICIR COMO COMPLEMENTO DA INFORMACION QUE DADES QUE A COVA MIDE EN TOTAL 130 M DE LONGO E EN NINGÚN MOMENTO HAI FALLA DE OSIXENO, O QUE SI LEVANTASE PO, QUE DIFICULTA A RESPIRACION PERO NON AHI NINGÚN PROBLEMA PARA ENTRAR.SAUDOS E ATA PRONTO.UN SAUDO DE CARAMONO E MALBITXU.SOMOS LENDA.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo9:59 a. m.

    hola son o javier, o que aparec na foto do diario de ferrol e que despexou de maleza a entrada da cova.querovos dicir que efectivamene me serlvin das fotos de armando para localizar a gruta.evidentemente,claro que moita xente sabia localizala pero espero que saibades que isto son cousas dos periódicos,que o teñen que pintar un poco sensacionalista se non.....eu nunca estivera, polo que eu si que non sabia onde estaba.gracias a armando, a google earth e ó meu compañeiro mayobre a atopei.agardo me discculpedes se saibades que eu so queria atopala e vistala para que a destrutemos todos.un saudo.javi

    ResponderEliminar
  4. Anónimo8:28 a. m.

    eu fun a cova eh hai sitios nos que non podes pasar debido s que esta derrubada ai moita auga non poo asique se ides lebade unhas boas botas de goma eh unha boa roupa de augas un saludoo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo2:32 p. m.

      sobre o tema da auga ou o polvo que unhos e outros discrepan ven dado ao momento no que se entre na cova, se chove ou se fai bo tempo, pois en todas as covas a auga da choiva filtra pola terra. Asegurobos de que si vades nos meses de finales do vran non vos vai a facer falta roupa de augas para nada. un saudo a todos. Manuel

      Eliminar
  5. Anónimo3:19 p. m.

    Hola a todos, fai polo menos 30 anos, Felix de Mugardos, dín que chegou ata a altura do pobo de cervas ,moito mais de 100 metros , logo cando outros trataron de entrar mais tarde, xa houbera os derrumbamentos. A outra entrada esta pola zona do cemiterio de mehá como se dixo antes (ou polo menos así nolo contaba o profesor e historiador Don Felpeto na exb)... Se dicia que foran os moros, e que a usaban para atacar ó inimigo pola retaguardia cando se sentían acosados)

    ResponderEliminar
  6. Anónimo12:44 a. m.

    Pois unha imaxe vale mais que mil palabras
    https://www.youtube.com/watch?v=7qsNfKfqHpc

    ResponderEliminar

Entradas populares más vistas