Despois de oito anos de promesas, lías e desencontros, parece que se reaviva agora o tema do Centro de saúde de Ares.
O nulo intres de uns e outros está a piques de dar o traste cunha inversión de máis de un millón de euros. E o amaño do Centro de saúde coas condicións axeitadas que o actual non reúne.
Benvida sexa esta nova, si é que agora se vai levar a diante.
E se pon fin as desidias e cabreos dos que xogan cos cartos públicos como si foran propios, facendo a política máis rastreira posíbel, aínda prexudicando os cidadáns aos que dentro de pouco chamarán para que os apoien co seu voto.
ENCHUFISMO E FUNCIONARIADO MUNICIPAL
Antroidada case dixital PROBAS ¡XA!
¿¿¿¿ ..........???En pasadas datas escomenzando o Entroido, disque entrou por Fax no Concello de Ares un escrito da concelleira socialista na Corporación, impugnando as bases coas que "Os Nanos" pretendían facer funcionarios a sete traballadores do Concello cun concurso-oposición dicen que feito a medida dos aspirantes, só cunha proba tipo test, outra de galego cunha valoración ridícula e cun temario inferior o esixido legalmente para prazas da mesma natureza. Ademais dise, que o martes 13 ás 11 da mañá, a mesma concelleira socialista presentouse no Concello acompañada por dúas avogadas para proceder a vista de todo o expediente sobro ditas prazas para preparar o recurso contencioso-administrativo, negándolles o Alcalde en persoa o acceso ó mesmo, feito que é constitutivo da comisión dun delito de violación do dereito a información que foi reflectido polo Secretario do Concello por escrito a petición de ditas avogadas e que, por descontado, dará lugar a correspondente denuncia penal contra o alcalde.Este asunto xa fora denunciado publicamente nos medios polo BNG, en Outubro pasado.
Reposición da Secretaria do Xulgado
Por outra banda, o avogado da ex secretaria do Xulgado de Paz de Ares solicitou que a traballadora sexa reintegrada ao seu posto do que foi despedida pola Alcaldía trala denuncia da voda falsa oficiada polo mandatario municipal. Ao ser todos os pronunciamentos xudiciais favorables á ex funcionaria, o letrado sostén que debe ser posta de novo no cargo de secretaria. Tralo seu cese, o Concello contratara a outra persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario