Nota de Prensa do
GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE ARES
Os votos do PP impederon o pasado Venres que prosperase unha proposta do BNG na que se solicitaba que os 126.420 euros que corresponden investir para o vindeiro ano ao noso concello dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación foran dirixidos a abordar unha primeira fase da mellora da rede de sumidoiros do casco urbano de Ares; e que desde a nosa organización consideramos unha das máximas prioridades no capítulo das infraestruturas básicas municipais.
Efectivamente, ao deterioro que ven sofrindo a rede municipal de sumidoiros por mor do paso do tempo hai que engadir un factor adicional como é o feito do sobredimensionamento por mor das contínuas ampliacións que se rexistran como resultado da conexión á rede xeral de novas vivendas. Sobre este aspecto, hai que comentar que na rede xeral existente foron conectados nos últimos anos os núcleos de Pedrós, Cervás e Lubre; ademáis das ampliacións do núcleo urbano de Ares, atopándonos na actualidade cun volúme de conexións á rede de sumidoiros que mesmo pode chegar a duplicar a capacidade da rede xeral.
As argumentacións do BNG para xustificar a urxencia nesta actuación baseáronse tamén na evidencia que deixaron as choivas nestes últimos dias; que colapsaron a rede de sumidoiros en numerosos puntos do casco urbano, e que provocaron inundacións en numerosas vivendas particulares. A falta de limpeza e mantemento da rede de sumidoiros e as operacións de vertido á rede xeral que están a facer numerosas empresas que realizan excavacións para a construción de vivendas; constitúen outro dos factores de deterioro da rede xeral de sumidoiros.
Aínda con todo este panorama, a maioría do PP non só non foi receptiva á proposta feita polo BNG; senón que finalmente acordou aprobar que a cantidade de 126.420 euros fose adicada a unha nova ampliación da rede de saneamento – situada maiormente fóra de solo urbano - a conectar coa rede xeral. Ou sexa que, en lugar de solucionar o problema, o que se fai é precisamente agravalo; aumentando máis aínda a presión sobre unha infraestrutura que se sitúa ao borde do colapso. E, para pór a “guinda”, no mesmo pleno aproban tamén a suba das taxas da rede de sumidoiros….
A pesar desta negativa do PP, o Grupo Municipal do BNG vai presentar na vindeira semana unha nova proposta para que, á vista da situación de bonanza económica que semella existir no noso concello, os 48.000 euros que o PP ten previsto derrochar o vindeiro dia 6 de Decembro, sexan adicados xustamente ao mantemento da infraestrutura básica para o conxunto da cidadanía, como é o caso da rede de sumidoiros. As festas e os fastos, se os queren, que os paguen cos seus cartos; máis nunca cos nosos impostos.
Ares, 25 de Novembro do 2006.
Asdo.- Manuel Rodríguez Doval. Portavoz do Grupo Municipal do BNG.

Romayo de Chanteiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario