viernes, 14 de noviembre de 2008

Amigos de Santa Catuxa de Montefaro organizan a VII Festa Patronal.

Con motivo da festividade de Santa Catuxa, a Asociación de Amigos do Mosteiro que está en Montefaro convoca para o día 22 do presente mes a festa reivindicativa a favor da divulgación do patrimonio cultural e artístico vinculado ao cenobio.

Como nas seis edicións anteriores, a presente dará lugar a actuacións musicais, actos relixiosos e comida de confraternidade.
O programa arrinca a media mañá, sobre as 11.30, coa primeira das interpretacións musicais, que correrá a cargo da Banda de Gaitas de Ares.
A misa fixouse para as doce do mediodía. Será oficiada por un membro da comunidade mercedaria e interpretada no seu parte musical por Moncho Morado.
Unha vez finalizada a mesma, está prevista a actuación da coral polifónica Eumesa, que servirá de aperitivo ao xantar que, pasadas as dúas da tarde, dará comezo nas propias instalacións do mosteiro.
Pan, empanada, callos, viños do país, auga e refrescos, ademais de bolo de azucre e café, son algunhas das viandas que se servirán durante o xantar.
As persoas interesadas en implicarse no mesmo teñen que achegar a cantidade de 10 euros, no caso de non estar vinculada á entidade convocante, e seis, en caso contrario. Ademais, desde a organización reitérase que se porá á venda diverso material conmemorativo do programa, tal e como foi habitual nas últimas convocatorias.

O Convento.
Edificio levantado en 1393 (fundado por Fernán Pérez "O Bo", señor feudal da comarca), cun estilo románico cando xa se impuñan os canons do gótico.
Coa desamortización de Mendizábal (1837) os franciscanos víronse obrigados a abandonar o mosteiro, pasando a propiedade e a xestión do edificio a mans do exército ata o ano 2000.
Na actualidade está cedido por Defensa o Concello de Ares.

Ten dous claustros, o mellor conservado é de estilo renacentista.
A igrexa sufriu modificacións no século XVIII, en que pasou de planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón sobre arcos.
Retablo de madeira policromada con esquemas de ornamentación barroca.
Algunhas das súas imaxes están en templos ferroláns.
No interior do mosteiro pódense observar restos de capiteis, estatuas, lápidas de sepulcros... Outros restos esculturais do século XVI atópanse na actualidade no Museo Arqueolóxico de San Antón (A Coruña).

2 comentarios:

  1. Estimado amigo, conozco tu más que razonable escepticismo, pero me alegra muchísimo poder informarte personalmente de que nuestro querido proyecto tanto para el saneamiento, como, también, para el abastecimiento de nuestro querido Chanteiro ya está a información pública en el correspondiente boletín oficial. No sé si te lo creerás o no, pero tú tienes bastante que ver en su consecución. Luche por él denodadamente, primero, porque es de justicia; segundo, porque intento cumplir todas mis promesas; y, tercero, porque creo que es muy bueno que tú recuperes la confianza en los políticos, si no en todos, por lo menos en algunos.

    Te aprecia, tu amigo, Julín de Ares.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Alcalde y amigo Julín por informar de la marcha de esos proyectos para Chanteiro.
    El mérito será tuyo y de los vecinos de Chanteiro, que así recuperarán la confianza tantas veces defraudada. Pues las promesas existen desde hace años.

    Todos los grupos políticos municipales llevaban esta propuesta en sus promesas, pero ... ¡faltaba ponerle el cascabel al gato!. Si tú lo logras serás un listo y atrevido ratón.

    Te agradezco también ¡cómo no!, a que me incites con este ejemplo a animarme a recuperar algo, tan complicado desde el panorama actual, como es: la confianza en los políticos.

    Pero..., como me das la alternativa de si no en todos, por lo menos en algunos. Eso ¡dálo ya por hecho!.
    Mi decepción no llega a ser general y absoluta.
    Hay casos y casos, eso lo sabemos todos.
    Ahora bien, mi perspicacia se fija más en lo que no debiera ser y así lo denuncio, como creo deber ser.

    Tú mismo me animaste y recomendaste en otra ocasión, cuando no tenías todavía ese honorable e importante cargo a, desde "A Voz de Chanteiro", "contribuir con honestidade e humildade a crear estados de opinión, independentemente do seu contido e cor, xa que son imprescindibles para a boa saúde da libertade".

    ResponderEliminar

Entradas populares más vistas