Aínda que se quere dar a sensación, de que a colaboración é en beneficio dos intereses de todos os veciños, o asunto pode non recibirse así pola opinión pública. A simbiose concello-promotores sempre presenta dúbidas e receos entre a veciñanza.
Préstase a moitas especulacións e casos de corrupción. Sobor de todo nestes tempos que hai enorme alarma social, provocada polas operacións urbanísticas nos concellos.
A experiencia demostra que os convenios urbanísticos dubidosamente favorecen os intereses públicos e claramente redundan en beneficio dos intereses particulares; influíndo ademais no control, deseño e planeamento do urbanismo ao seu antollo, tendo o municipio escasas contraprestacións limpas.
Os promotores, loxicamente van ao seu: vender pisos.
Cando obtiñan suculentos beneficios non repercutían en convenios, pero ante a crise tratan de compartir.
Nunca cumpren as normas das licenzas, sempre se pasan en volume e ampliación da edificalidade. Non respectan alturas, liñas de retrínqueo, espazo público e normas de accesibilidade para discapacitados.
¡Teñen valedores e enchufe!. Isto está demostrado e verificado, polos casos que diariamente saen nos medios de comunicación, referentes a moitos municipios.
En Ares tamén ... houbo denuncias, xudilizacións, pero nunca pasa nada.
Por todo o cal, esa pretendida colaboración dificilmente poderá verse como nítida e beneficiosa,
sempre haberá sombras de dúbida sobre intereses ocultos. Haberá que aplicar aquilo de que: "Á muller do César non lle basta con ser honrada, senón que ademais ten que parecelo"
Por todo o cal, esa pretendida colaboración dificilmente poderá verse como nítida e beneficiosa,
sempre haberá sombras de dúbida sobre intereses ocultos. Haberá que aplicar aquilo de que: "Á muller do César non lle basta con ser honrada, senón que ademais ten que parecelo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario