por Emilio Mesías Farías
A fotografía escrita Ares;27 de Maio de 2012
De Orixe Traballo e Arte: Job, Toni e María
Andan últimamente ‐as miñas redes sociais‐ a tecer unha xábrega que me obriga a ler e ver
peixes e mariscos da ría, da de Ares claro. Son froitos do mar cociñados por xentes que adica
o seu traballo ao nobre (e duro) campo da arte e da creación.
Persoas ás cales teño a sorte de coñecer e ‐ cecáis o máis importante e o que máis agradable resulta a propósito da emoción que produce‐ persoas das cales fun testigo da súa evolución‐formación artística e das cales recoñezo fillos entre bastidores, láminas, fotografías, etc...
Estou a falar do traballo que nestes últimos meses están a realizar Job Sánchez, Toni Seijas e María
Barreiro.
Traballos que, grazas ás RRSS, se visualizan a cada pouco na miña computadora. Teñen en común que son
de Ares, que son máis ou menos da mesma xeración e que traballan na soidade do "eu cós meus
proxectos" pensando na multitudinaria visualización de todos os mortais.
Son tempos difíciles e moi complicados para esta rama, cecáis porque os artistas traballan sobre as
sensacións primitivas do ser, dos sentimentos primarios ou simplemente porque o seu traballo é unha
mestura de espello‐pensamento‐sensación‐interpretación da sociedade actual, dos tempos convulsos que
nos toca vivir e deste cambio de ciclo que nos arrasa e ante o cal pouca xente quere activarse.
Recomendo que visitides os seus blogues de mimado acento artístico e que sigades, ‐como moitos
facemos‐ os seus traballos e que participedes da súa creación, directa ou indirectamente, para gozar
como eu fago de cada trazo, de cada fotografía, de "cadansúa" creación...
Creación é tamén "creer na acción" e só asi é posible camiñar, avanzar e portar o facho que alumea
complicidades, sorrisos, corazóns e peitos abertos que inspiran ar mariñeiro con certa dose salseira
bañada de atlántico.
A fin de contas estou vendo dende a miña habitación, o mesmo ceo q eles ven, escoitando os mesmos
paxaros que eles escoitan e gozando da compañía das súas obras, como o caso do fillo que levaba Job na
súa "Maleta MC" e que pendura da miña parede para recordarme que "Artes é Ares" con "t" de traballo.
Moitas grazas aos tres.
http://supersuperserio.wordpress.com/
http://talleresdeplasticagijon.blogspot.com.es/
http://proyectoestrada.blogspot.com.es/
http://antonioseijas.blogspot.com.es/
http://ilustramundos.wordpress.com/2012/01/04/antonio-seijas-a-nova-ilustracion-galega-la-nueva-ilustracion-gallega-the-new-galician-illustration/
No hay comentarios:
Publicar un comentario