ARES, LUGAR APROPIADO PARA AS CADEIRAS DE RODAS E ANTIGUAMENTE AS CARRETILLAS
Carretilla de madeira de Ares
Por ser un pobo llano, como poucos en toda a comarca é moi adecuado para as cadeiras de discapacitados por falta de movilidad física.
Xa en épocas anteriores, esta planicie urbana, foi a causa de que neste pobo abondasen as carretillas. Todos os veciños tiñan a súa carretilla para transportar en grao sumo variado: peixe, froitos, hortalizas, area, viño, auga. De todo, incluso as mulleres levaban a roupa de lavar aos lavadoiros públicos. Era unha estampa frecuente ver as carretilas polo Ares antigo.
Na compaña da miña dona e neta |
Ben, pois eu xa empezo a botar de menos os meus paseos en cadeira de rodas pola contorna do Club Náutico e porto pesqueiro de Ares.
Aínda que co tempo chuviosdo e tormentoso actual tampouco sería posible. Mellor con lixeiro sol ou lixeiramente cuberto e sen vento.
Desde fai uns dez anos, levo habitualmente no maletero do coche unha cadeira de rodas. Pero nunca a usei en ningún outro sitio que non fose este lugar de Ares. Fágoo soamente en plan deportivo, de relaxamento e exercicio físico de brazos, que precisamente agora son os que me fallaron e impídenme este pasatiempo de costume. Confío poder recuperarme e volver.
Con Laurita, hace unos 8 años |
Como sabemos e os médicos recoméndano, andar é a forma máis recomendabel de manter a forma física e mellorar a saúde, e é unha actividade fácil de integrar na maioría de estilos de vida, e está recomendado para calquera tipo de idade e para aqueles que non poidan gozar da praia é bo un paseo camiñando.
Ademais de aproveitar para relaxarnos mentres escoitamos o son do mar, gozamos dun bo número de beneficios para nosa saúde e beleza.
Cada vez é máis frecuente ver á xente pasear polo Paseo Marítimo de Ares, sexa cal for a época do ano. Este exercicio reúne numerosos atractivos: deporte, saúde, paisaxes, aire libre, etc...
De todos os ambientes exteriores que existen na Terra, o mar é o medio que ofrece maiores beneficios. Vivir cerca do mar facilítanos para facer exercicio físico e manter unha vida máis activa: xa sexa para saír a correr, a pasear ou facer deporte na area, é moi beneficioso. O mar é o ambiente natural que brinda maiores beneficios psicolóxicos. Cousas tan simples como ir facer deporte, realizar exercicios na praia ou simplemente mirar o mar desde a terraza do apartamento é de gran axuda para a saúde das persoas que viviron a maioría da súa vida nun mundo acelerado.
Tamén algúns podemos facelo en cadeiras de rodas. Aínda que si un queixásese de todolos obstáculos que atopa ao longo dun paseo en cadeira de rodas, sería pasarse o día encabuxado. A verdade, non vale a pena...
¡ Empuxa, Laura ! |
A denuncia resólvese cunha rifa, unha desculpa, unha promesa... pero son cousas que se recordan no momento, e inmediatamente esquécense. E acaba recordándoas, soamente, quen sofre o bordillo... os buracos nas rúas... a rampa repentina... a falta de acceso a servizos: Bancos, e instalacións da administración... coches encima das beirarrúas, ou obstruyendo pasos de peóns... Non vale a pena seguir enumerando unha retahíla de cousas que todos coñecemos.
En plan reivindicativo, engadiría que moitos deses problemas citados, solucionaríanse con moi pouco costo: boa vontade, e que os que mandan, e quenes traballan nas obras, teñan en conta que polas rúas tamén pasea xente en cadeira de rodas, e que ademais, son contribuintes.
Ou, talvez, pénsese que o problema téñeno os que van en cadeiras de rodas, e non a falta de solidariedade, nin os accesos, nin as rúas?.
Porto Deportivo de Ares |
Eu ata agora, só o facía por lecer, en lugar llano sen obstáculos, pola contorna do Náutico , para percorrer aprisa ou amodo e facer algunha parada par ver as manobras das embarcacións ou sacar fotos.
Un pensa que si xa é complicado para os que empuxan a cadeira doutro, que será para quenes rodan sos e valéndose do empuxe dos seus brazos. Só faise o esforzo como exercicio físico dos brazos. É o meu caso e soamente na zona portuaria onde non hai tráfego e con espazo dabondo, salvo cando hai aglomeración polas Festas de Verán e outras competicións deportivas.
Pantláns |
Góstame pasear só, e só arrastrar, coa cadeira, o meu propio peso.
Ares ten a vantaxe de ser llano e ter un paseo marítimo que finaliza no porto pesqueiro e deportivo.
É o único sitio onde uso a miña cadeira de rodas, para facer exercicio e pasar o tempo, aproximadamente media hora, que se converte nunha hora mentres aparcas, sacas e metes a cadeira no maletero, fumas un cigarro e charlas con alguén.
Con todo, son poucos os que se ven con cadeira manual, a maioría usan a cadeira eléctrica. Non necesita esforzo e é máis cómoda, para xente con problemas físicos e de idade.
Unicamente atopo, ás veces, ao amigo aresano e campión Alvaro Yllobre coa súa tremenda cadeira deportiva facendo preparación de brazos para participar nos frecuentos campionatos de tenis adaptado para minusválidos.
Yllobre, campeón de Tenis |
No hay comentarios:
Publicar un comentario