DOG Nº 39
Viernes, 24 de Febreiro de 2006
Resolución do 17 de febreiro de 2006, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso- dministrativo 4557/2005, interposto polo Concello de Ares, contra a Resolución do 10 de novembro de 2005 pola que se denega a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ares para o centro de saúde.
Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior deXustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4557/2005, interposto polo Concello de Ares, contra a Resolución do 10-11-2005 pola que se denega a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ares, para o centro de saúde; esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2006.
Luis Vázquez Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de PolíticaTerritorial, Obras Públicas e Transportes
No hay comentarios:
Publicar un comentario