lunes, 14 de mayo de 2007

Unha ducia de cuestións aos Alcaldables e compoñentes das candidaturas.




1.- Colaboración e posible mancomunidade con Mugardos, que sería beneficiosa para ambos municipios en canto ao aforro en orzamentos de equipamentos, instalacións, servizos e mesmo en administración e persoal. Algúns pasos xa están dados: Voto de Chanteiro, Piscina, Depuradora futura, abastecemento de auga, saneamentos, alumados, actividades deportivas, tarefas de ensino, lecer, ..... Pero se poderían incrementar moito máis. ¿Que disposición hai neste tema?.


2.- ¿Consideras necesaria a rexeneración da "clase política" ou cres que vai ben así?. ¿Paréceche que a corrupción non existe, ou que só está nos outros partidos pero non no teu?. ¿Comprométeche a atallala?

3.- Como responderás ante o clientelismo. Beneficiarase aos correlixionarios, porque grazas a eles parece que lles debemos o posto. ¿Trataranse a todos os veciños igual ou alcanzarán máis beneficios os aduladores?

4.- ¿Quedará xa para sempre eliminado o Parvulario de Cervás-Chanteiro e no caso que sexa así, garantirase a escolarización e traslado adecuado aos alumno desta etapa?

5.- ¿Negociarase coa Deputación para a reforma, tantas veces prometida e anunciada, da estrada de Chanteiro para que deixe de ser un camiño veciñal?
6.- ¿Prestarase especial atención para implantar un medio de traslado ás persoas maiores e discapacitadas das parroquias afastadas, para achegalas aos servizos centralizados na vila de Ares: Sanidade, Farmacia, Concello, Xulgado, Correos, Bancos, Asesorías, Mercado, Lecer, ...... ?
7.- Para gobernar o Concello, ¿consideras mellor unha maioría absoluta dun partido ou sería mellor un pacto entre varios, con estabilidade pero vixiante aos desmans? ¿Podería haber unha quenda de Alcaldes por tempadas de cada lista integrante?
8.- ¿Os Alcaldes serían mellores con boa formación ou basta que sexan honrados?. ¿É bo que repitan por varios períodos electorais ou mellor cambiar cada catro anos?.

9.- Se o Alcalde chegase a estar incurso en prevaricacións e delitos, debese dimitir ao ser imputado formalmente, ou pode esperar o veredicto do xuízo que lle chegará probablemente cando xa teña acabado o seu mandato.

10.- ¿Seguirá sen cumprirse a normativa da porcentaxe de vivendas accesibles nas promocións e a non eliminación de barreiras arquitectónicas e servizos adaptados nos establecementos e lugares de concorrencia pública?

11.- ¿Continuarase permitindo a apertura de establecementos sen licenza ou con provisional por moitos anos, evitando así que se cumpran as normativas e logo, pasado o tempo acollerse aos feitos consumados, burlando as leis e deixando aos usuarios en situación de inseguridade xurídica?.

12.- Retomarase a idea, dos tempos de Cuíña, de abrir unha vía pola costa, dende o porto de Ares ata a futura planta depuradora en Chanteiro, con enlaces as estradas existentes da costa, que ben puidese chegar ata Mugardos pola Palma e Montefaro.
------------------------------------
Pódense facer as achegas e contestacións, ben por Comentarios de abaixo ou por o e-mail.

2 comentarios:

  1. 1.- Colaboración e posible mancomunidade con Mugardos, que sería beneficiosa para ambos municipios en canto ao aforro en orzamentos de equipamentos, instalacións, servizos e mesmo en administración e persoal. Algúns pasos xa están dados: Voto de Chanteiro, Piscina, Depuradora futura, abastecemento de auga, saneamentos, alumados, actividades deportivas, tarefas de ensino, lecer, ..... Pero se poderían incrementar moito máis. ¿Que disposición hai neste tema?.

    Eu, particularmente, estou a favor da plena colaboración para o desenvolvemento de servicios comúns. A fórmula dos consorcios de servicios xa eleva moitos anos dando froitos no eido local. Estou a favor de artellar mecanismos de colaboración horizontal cos concellos limítrofes.

    2.- ¿Consideras necesaria a rexeneración da "clase política" ou cres que vai ben así?. ¿Paréceche que a corrupción non existe, ou que só está nos outros partidos pero non no teu?. ¿Comprométeche a atallala?

    A rexeneración sempre pasou por un cambio de goberno, pois non hai mellor rexeneración que pasar pola oposición. A corrupción existe e ponse de manifesto en tódolos partidos. Na miña candidatura comprometémonos a atallala.

    3.- Como responderás ante o clientelismo. Beneficiarase aos correlixionarios, porque grazas a eles parece que lles debemos o posto. ¿Trataranse a todos os veciños igual ou alcanzarán máis beneficios os aduladores?

    Nós aspiramos a gobernar por igual para tódolos aresanos e aresanas.

    4.- ¿Quedará xa para sempre eliminado o Parvulario de Cervás-Chanteiro e no caso que sexa así, garantirase a escolarización e traslado adecuado aos alumno desta etapa?

    Trátase dunha competencia autonómica. Pero a nosa opinión é garantir o dereito a educación de tódolos nenos e en igualdade de condicións.

    5.- ¿Negociarase coa Deputación para a reforma, tantas veces prometida e anunciada, da estrada de Chanteiro para que deixe de ser un camiño veciñal?

    O noso compromiso é dotala das adecuadas condicións de seguridade, o que esixe, cando menos, beirarúas.

    6.- ¿Prestarase especial atención para implantar un medio de traslado ás persoas maiores e discapacitadas das parroquias afastadas, para achegalas aos servizos centralizados na vila de Ares: Sanidade, Farmacia, Concello, Xulgado, Correos, Bancos, Asesorías, Mercado, Lecer, ...... ?

    Nós, coa tal fin, levamos a implantación dun transporte urbano interparroquial no noso programa electoral.

    7.- Para gobernar o Concello, ¿consideras mellor unha maioría absoluta dun partido ou sería mellor un pacto entre varios, con estabilidade pero vixiante aos desmans? ¿Podería haber unha quenda de Alcaldes por tempadas de cada lista integrante?

    Eu so pido unha maioría suficiente. Tratándose dun pacto de goberno, dentro do mesmo penso que o Alcalde ten que ser o de o coaligado maioritario.

    8.- ¿Os Alcaldes serían mellores con boa formación ou basta que sexan honrados?. ¿É bo que repitan por varios períodos electorais ou mellor cambiar cada catro anos?.

    Penso que é suficiente que sexan honrados. Tamén penso que os mandatos deberían limitarse a oito anos.

    9.- Se o Alcalde chegase a estar incurso en prevaricacións e delitos, debese dimitir ao ser imputado formalmente, ou pode esperar o veredicto do xuízo que lle chegará probablemente cando xa teña acabado o seu mandato.

    Hai que respetar, en todo caso, o dereito a presunción de inocencia. Por iso penso que deben dimitir nada mais ser condeados. Pero tamén penso que non se tería que esperar a que a sentenza acadara firmeza.

    10.- ¿Seguirá sen cumprirse a normativa da porcentaxe de vivendas accesibles nas promocións e a non eliminación de barreiras arquitectónicas e servizos adaptados nos establecementos e lugares de concorrencia pública?

    Penso que as normativas fanse para ser cumpridas.

    11.- ¿Continuarase permitindo a apertura de establecementos sen licenza ou con provisional por moitos anos, evitando así que se cumpran as normativas e logo, pasado o tempo acollerse aos feitos consumados, burlando as leis e deixando aos usuarios en situación de inseguridade xurídica?.

    A miña resposta e a mesma que a anterior.

    12.- Retomarase a idea, dos tempos de Cuíña, de abrir unha vía pola costa, dende o porto de Ares ata a futura planta depuradora en Chanteiro, con enlaces as estradas existentes da costa, que ben puidese chegar ata Mugardos pola Palma e Montefaro.

    Nós levamos dita idea no noso programa electoral.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Julín pola túa colaboración e sorte, polo ben de Ares.

    ResponderEliminar

Entradas populares más vistas