jueves, 31 de mayo de 2007

Polos pelos, non volveu a gañar o Cendanismo Popular en Ares

Polos pelos, non volveu a gañar o Cendanismo Popular en Ares.


Pois sí, ten certa razón Manuel Cendán, alcalde en funcións.
O resultado dás eleccións en Ares, non foron o que se presaxiaba.
Non houbo a desastre que se esperaba e o Partido Popular debe estar contento porque ten uns votantes fixos que son fieis aínda que caian chuzos e lóstregos.

Porque despois dunha acción de goberno ultimamente tan nefasta, chea de irregularidades, incumprimentos, ilegalidades, despotismo e que remata co esperpento e affaire dos Nanos Xemelgos; ¿cómo e posible obter tantos votos e conseguir 5+1 concelleiros populares-aliancistas?
Ademais de levar o PP unha lista como a que levou, que nótase que foi de urxencias. Aínda que o problemas de facer listas abarca a tódalas candidaturas.

As caras coñecidas que había no Partido Popular, dá lista do 2003, levounas o aspirante Luís Cendán na formación "Nueva Alianza", que éste se que foi o que levou o trompazo o non conseguir mais que un concelleiro. E non pode atribuírse a que era unha formación nova e de independentes.
Todo ou mundo sabe dá militancia destes escindidos que foron os que viñeron gobernando ate agora.
Os votantes do PP non quixeron aventuras, e non apoiaron a estas persoas que gobernaron. Se non que optaron polas siglas de Fraga, Rajoy e Aznar.
A vila de Ares, xa o dixemos noutra entrada, e de maioría conservadora caciquil, indolente e con reminiscencias feudalistas e franquistas.
Leva certo atraso no desenvolvemento político, fomentado adrede polos que gobernaron. Aínda está ancorada nas maneiras dá Galicia profunda do interior, onde triúnfan Baltar, Cuiña, Cacharro, .....
Hai pouca conciencia de clase e mais ben tírase ao aburguesamento, enraizado polo caciquismo de atrás, nos que certos persoeiros ostentaban o poder económico e político.
Eran os terratenentes rentistas e donos dás terras, casas e leiras.
A eles había que ir pedir diñeiro prestado con usura; eles eran os que intercedían nas disputas e litixios e aos que se acudía tamén para arranxar os papeis, escrituras e outras xestións que se escapaban á ignorancia poboacional.
A estes personaxes, dos que se recordan os seus nomes tíñaselles odio-reverencia. Pero consentíase ou tolerábase que mandaran por imposición.
Estamos a falar dos anos cincuenta e sesenta, en pleno franquismo imperante.
Agora xa cambiou a situación, pero isto deixa marcas tradicionais nas familias, sobre todo cando a cultura e preparación e mais ben baixa.
Este pode ser o panorama actual que provoca estes incomprensibles resultados nas elección e que poden repetirse noutro intre.
Os novos mandatarios teñen a obriga de intentar elevar o nivel cultural, social e político dás xentes para que poidan exercer un voto máis útil e axeitado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas