viernes, 15 de junio de 2007

Cendán rende contas os viciños de Ares

Nun Bando, en carta persoal aos veciños e nos medios de difusión, o cesado Alcalde Manuel Cendán rende contas e di que deixa a Ares con saldo millonario. Precisamente faio agora, cando acaban de expulsalo os veciños en eleccións.
Detalla as súas actuacións, enumera proxectos materializados e en fase de futura execucción.


Tendo diñeiro, como tivo Ares nos últimos tempos, pódese facer de todo. ¡Só faltaría iso!.

Pero moito quedou sen facer. Necesidades perentorias para as que faltou vontade.

Non enumera con todo, os gastos superfluos, despilfarros, Festas de Gala, medallas e bastóns.

A máis diso outros moitos que se irán sabendo, cando se sacudan as alfombras do Concello. Haberá outros que nunca se saberán. Non quedará rastro nin xustificante algún.

¿Porqué non se foron rendendo contas antes, cando todo era opaco?. Eran os tempos triunfais de fágoo porqué me dá a gana".
Faise agora porque se sabe a que vai caer e anticípase intentando quedar ben e ademais tranquilizar a conciencia.
O veredicto veciñal xa se fixo, agora hai que esperar o que veña e logo verificar.
O seu mandato non será unha excepción de "conciencia tranquila". Pasou noutros sitios e con outros anteriores e seguramente se nos volverá a deparar nalgún futuro.

¡ Meigas Fora !

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas