jueves, 25 de enero de 2007

MELLORAS PARA OS DISCAPACITADOS, EN MUGARDOS

MELLORAS PARA OS DISCAPACITADOS, EN MUGARDOS

Como ben di o Alcalde Barcia, nos últimos tempos nótase sensible mellora en Mugardos en canto a prazas reservadas para aparcamento dos discapacitados. Antes non había ningunha.

Parabéns por iso e por esas boas relacións que di ter o Alcalde coa Confederación Galega de Minusválidos Físicos (COGAMI).
Non entanto, e unha mágoa que a maioría destes aparcadoiros reservados estean situados en lugares alonxados e pouco frecuentados, pois isto réstalle utilidade.
Os discapacitados, como calquera outra persoa, desexan ir os lugares céntricos, onde poidan resolver ou seu desenrolo cidadán e de relación.
Nestes lugares, como é o centro dá vila e o paseo marítimo mugardés, son escasas as prazas e aínda por riba sempre están ocupadas, a maioría dás veces de maneira irregular.

Boa medida tamén, esa que se anuncia de eliminación de barreiras arquitectónicas nos colexios, que debería tamén estenderse a tódolos establecementos públicos e privados, con ramplas adecuadas e non con simulacros de ramplas-trampa que non se poden subir en cadeira de rodas.

Pero, con todo o dito, e un bo exemplo para outros concellos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas