domingo, 21 de enero de 2007

O Alcalde de Ares, declarado "Personaxe Hostil" polo Valedor do Pobo



Xa non falta de nada.



Novo "toque de corneta", esta vez digno do Trombón de Baltar.
E dicir, que en conclusión, os Cendán mostran unha patoloxía con actitudes de enfrontamentos entorpecedores diante dás institucións superiores ao seu Reino de Taifas.

Xa o viñeron mostrando cos sucesivos desobedecimentos as ordes dá Xunta.
Agora provoca tamén enfrontamentos familiares, acusacións de filibusterismo, reparto de botíns, e outras trapalladas mais.

Alguén desde ou seu Partido lles debía dar tamén un "cornetazo", para elo xa contan co trombón de Baltar. Pero claro, en Ares parece que non hai Comité Local algún. Mandan só eles.

Pode haber algunha comparsa que os apoia, pero que só aspiran a que lles busquen unha colocación nun posto a eles ou familiares e nada mais.

A ética non existe.Dí "Maquiavelo", no Diario de Ferrol:"A xente de Ares ten o que merece. Na vila de Ares aínda queda moita reminiscencia caciquil.
Son moitos os papáns, patatós e papanatos pepeiros, que están cun Alcalde que non sabe de cultura progresismo nin talante, pero fai festas e dá licencias, aínda que sexa sen cumprir os requisitos. Son mais de 8, os bares que non teñen licenza, por no cumprir a normativa. Pero están funcionando ....

"En canto a lía dos xemelgos. Son as dúas caras da mesma moeda.
Loitan polo botín, según dise.
Pode que incluso sexa unha xogada para conseguir máis votos, unha vez sumadas ámbalas dúas candidaturas.

O Tomate continúa .....

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas