lunes, 26 de marzo de 2007

O candidato dos Socialistas, compara Ares con Marbella

A idea xa non é orixinal. Escóitase de cachondeo nas conversas de taberna e xa en "A Voz de Chanteiro", comentouse en varias ocasións nos epígrafes de "Aquí hai Tomate".


O aínda Director Xeneral de Xustiza fixo a súa presentación oficial como candidato á Alcaldía de Ares arroupado por outros dirixentes socialistas.

O candidato comparou a Ares con Marbella e houbo referencias á actual situación esperpéntica municipal, con alusións a Caín e Abel, Julián Muñoz e a Pantoja, e recordaron ao actual alcalde Manuel Cendán como o Llanero Solitario declarado "Personaxe Hostil" envolto en especulacións e trampas.

"O Ares dos "Cendanes" é o da especulación e das trampas, o de todo vale tanto en política como fora dela, como estamos comprobando co culebrón familiar da súa ruptura". Julio Iglesias Redondo de 30 anos e Doutorado en Dereito, e ten sobrados méritos para ostentar a Presidencia da Corporación aresán, aínda que a nivel popular non é moi coñecido, seguramente debido a que os seus estudos e ocupacións tivéronlle afastado en actividades docentes en Santiago e algunhas outras Universidades de Latinoamérica.

Xa era concelleiro da oposición desde as eleccións do 2003, pero dimitiu en maio 2006 , cando foi nomeado Director de Xustiza da Xunta. O cargo quizá foi para promocionalo logo á Alcaldía, pero moitos votantes do PSOE non viron ben o abandono das súas responsabilidades fronte ao seu grupo municipal que quedou orfo e falto de iniciativas.

O labor da oposición desenvolveuna, nesta etapa tan truculenta o BNG, na figura de Rodríguez Doval. Hai socialistas resentidos por este feito e que propoñían como alcaldable ao que vai na lista co número tres: Juan José Vilasánchez que xa fora Alcalde de Ares en dúas ocasións anteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas