viernes, 2 de marzo de 2007

Un gaiteiro de Cedeira en Madrid, que non toca para Galicia




Non definimos cal é a solución para a antiga ASTANO, sinxelamente porque non a temos. Expertos hai na materia que andan dándolle voltas. E aínda que sexa con afán electoral, benvidas sexan. A Comarca necesítao, son moitos os mozos parados. Os pre-xubilados quizais sexan uns envexados, pero eran moitos os que traballaban nas auxiliares que agora están na rúa.
Pois no medio de todas estas discusións e tentativas de buscar algo positivo, sae o deputado socialista Xavier Carro Garrote no Congreso cunha tremenda intervención de trato totalmente vexatorio para esta depauperada bisbarra. Dicir que Navantia Fene está a pleno rendemento con ocupación total é un sarcasmo de disparate, pero que se cadra cren en Madrid. Chegou e expresar que coa elaboración de 70 bloques ocúpase a totalidade dos talleres dispoñibles, que en tempos atrás ocuparon ata 6.000 empregados. Di que a ocupación é plena para a totalidade do persoal ata máis aló do ano 2010. Abofé que pode ser con 350 empregados e se regulasen algúns máis e quedásense en 50, a ocupación do pleno emprego prolongaríase ata o 2028, por unha "simple regra de tres inversa". "A menos traballadores máis duración".

No Blog deste antigo "traballador" de Bazán, metido a sindicalista de boa vida en Santiago e catapultado a Deputado Estatal, pódense observar "algúns" comentarios dos por él seleccionados co seu filtro e que non teñen desperdicio. ¿Como serían os que recibiu e non se atreveu a deixar publicalos?

1 comentario:

  1. Anónimo11:12 a. m.

    O terrible do asunto é que non lles cae a cara de vergoña. E estou por apostar que nun tempo breve e preelectoral teremos na antiga ASTANO un cacho de barco para que o pleno rendimento sexa plenísimo rendemento, e veña todos contentos e co soldo de deputado mediocre e antigalego xustificado.

    ResponderEliminar

Entradas populares más vistas