= = = =
Despois de cesado todo o equipo de goberno, o Concello quedará paralizado, pois o Alcalde non dará feito, porque a súa abdicación será xa a preparación da súa campaña electoral e a procura de apoios para a súa lista.
Ademais como non hai orzamento aprobado para este período, o traballo municipal xa vén funcionando baixo mínimos.
O único que se farán, serán promesas para conseguir votos enganando, unha vez máis a os veciños.
¡Adeus, por agora, saneamento de Chanteiro e depuradora da ría!.
Os traballos faranse sen o seguimento preciso, polo cal os camiños que se asfalten e non vaian acondicionados con tubarias, haberá que volver levantalos para os saneamentos e canalizacións.
É fermoso ser alcalde da vila que amas, da vila que che viu de neno, da vila onde se casaron os teus pais, daquela vila que alumou a túa adolescencia. Ser alcalde é distinto a ser político, hai algo máis humano, máis tradicional. O alcalde é toda unha referencia nunha vila e parece o máis nobre e atractivo dos cargos que pode outorgar a política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario