Estase estendendo bastante pola comarca a cría de cabalos e tamén chegaron a Chanteiro.
Precisamente este verán puidemos presenciar o parto dunha egua en solitario e en pleno campo. Foi unha estampa moi bucólica que nos fixo recordar nomes de lugares de Chanteiro.
E é que o cabalo está ligado a Chanteiro. En algúns escudos heráldicos do apelido Chanteiro aparece un cabalo. Seguramente que en épocas remotas os cabalos habitaban os amplos montes de Chanteiro.
Contribúe a pensar isto na existencia na zona do lugar do Curro, en parte baixa e depresiva onde era fácil conducir e recluír ás reses para a súa marcaxe e aproveitamento.
Contribúe a pensar isto na existencia na zona do lugar do Curro, en parte baixa e depresiva onde era fácil conducir e recluír ás reses para a súa marcaxe e aproveitamento.
O mesmo núcleo de Chanteiro tamén podería ser lugar idóneo para encerrar animais, xa que empeza nas Cancelas e acaba na Porta do Río. Dous portais ou peches, case naturais, na entrada e saída do noso Chanteiro. 

E por outra banda, chámase "Monte do Cabalo" en xeral a toda a zona de monte que abarca desde Montefaro ata Segaño.
Dentro desta denominación xeral abundan outras particulares, que identifican as propiedades e zonas de baldío e comunais, tales como: A Cova dá Figueira, Os Chas, A Pedra do Caldeiro, Os Seixos, Bouzoa, Salgueiras, A Balsa, Os Esparaños, O Cal de Vilar, Fonteseca, O Ovo do Carrizo, Birmieiras, A Cova do Ouro, etc., etc.
A outra gran zona de monte e boscosa é a península de Coitelada e que comprende á súa vez as zonas de: A Petorella, Sobredarea, Sudova, Campelo, Socastro, O Pichón, Os Esparaños, e os campos do Pombeiro, dás Grellas, do Monigato, etc.,etc.
Outros lugares de monte onde se proerían criar cabalos poderían ser os montes de Avarente, Campo Raso, Poidos.
En tempos pasados e non moi lánxanos en todos estes lugares abundaba a caza de lebre, coellos, perdices e raposos.
Agora visítanas o xabaril e as ardillas.
Agora visítanas o xabaril e as ardillas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario