Ares ten pendente unha débeda coa "Memoria Histórica" por a xesta dá "Fuxida do Vapor Ramón"
Estes valorosos homes (entre eles o Alcalde de Ares Benito Feijoo e Juan Castro de Cervás) que loitaron pola liberdade, a democracia e o goberno legalmente constituído, tiveron despois que escapar da feroz ditadura franquista.
Son merecedores, eles, os seus familiares e amigos que lles axudaron dun recoñecemento popular e institucional.
Son ou foron persoas que deben ser recordadas polos seus ideais e accións, para que "nunca máis" ninguén teña que pasar por aquelas vicisitudes do exilio e afastamento da súa terra e familia.
Xa noutra ocasión mencionamos este "feito heroico histórico", pero moito mellor e amplamente teno exposto o compañeiro Eliseo Fernández, historiador que na Monografía núm. 2 de "Cátedra " , Revista eumesa de estudios 2006, publicou un magnífico traballo na revista "Cátedra" de Pontedeume e que ofrecemos aquí. (¡Paciencia!, tarda cargar)
=============================================================
E seguindo coa "Memoria Histórica", temos que referirnos ao novo episodio do Cabalo de Ferrol.
Resulta que despois de tantos anos, do inmenso custo que ocasionou a súa desaparición da inconclusa Praza de España, onde se enterran millóns de Euros para deixar un espantallo, aínda hai que mover o cabalo e o xinete, para agora metelos nun almacén e tapalos cunha lona.
Pero, como non se acaba dunha vez con ese repelente monumento?, haberá que volver andar con el noutra ocasión?, ou tal vez espérase a que o tempo sexa chegado de retornalo ao lugar onde estaba?.
Todo é posible.
Hai que achatarralo xa, e despezalo dunha vez. O cabalo pódese aproveitar para colocalo nos montes de "A Capelada", como xa quería algún alcalde.
Pero o xinete, fóra con el. Á fundición dunha vez e que se cumpra esa Lei que así o manda. Sen máis contemplacións e vaguidades Sr. Irisarri e compañía.
Son estas a cousas xocosas que están ocorrendo neste ano da "Conxunción Planetaria", que vaticinou Leire Pajín, e que continuarán cos rezos de Zapatero e Obama en 4 de febreiro con motivo do "Almorzo Nacional da Oración", do grupo cristián conservador "A Familia".
Non coñecemos aínda se Zapatero levará ás súas fillas, porque tamén elas podería darlle un toque exotérico ás cerimonias do evento.
viernes, 15 de enero de 2010
Ares ten pendente unha débeda coa "Memoria Histórica" po-la xesta dá "Fuxida do Vapor Ramón"
- Romayo de Chanteiro , a las 8:56:00 p. m.
Etiquetas: memoria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Entradas populares más vistas
-
Recopilación realizada por : Romayo de Chanteiro ALCUME: mote, o apodo. APARRULADO: que tiene aire inexpresivo. A ROLOS: rolando. ARRE-BICHO...
-
Nueva Alianza Luis Cendán Fernández Juan Ángel Vilar López María José Fontenla Fernández Camilo Molíns de Sas María Flor Mariño Maroño Gui...
-
GRUPO DOS FUXIDOS A FRANCIA NO VAPOR " RAMON " DESDE ARES, O PRODUCIRSE O TRUNFO DO ALZAMENTO MILITAR DE FRANCO En mi niñ...
-
Cuando ahora se están haciendo presentes, en toda España y en otras partes también, unas protestas lógicas y necesarias, por las circunstan...
-
Adiós a la ORTOGRAFIA PRÁCTICA de Luis Miranda Podadera. Mi Miranda Podadera Conservo todavía el libro ORTOGRAFIA PRACTICA de Mirand...
-
COVA DOS MOUROS DE CERVÁS (ARES) - A Coruña - Galicia Perforación de orixe descoñecida, que mide máis de cen metros de longo, por metro...
-
Por el PSOE se presentan: Julio Iglesias Redondo María Victoria Montenegro Paz J. Eugenio Fernández Lago Olimpia Marcos García José ferreiro...
-
CARTA AL EX-ALCALDE DE ARES Estimado señor Ex-Alcalde: También, igual que tú yo me voy de vacaciones. A VOZ DE CHANTEIRO me acaba de dar va...
-
CARTA ABIERTA A "NOVAGALICIA BANCO, S.A." Sr. Presidente de Novagalicia Banco Rúa Nueva, 30 15003 - A CORUÑA Sr. Director de...
¡malo será! Sobre todo para o cabalo. R. Tojeiro
ResponderEliminar