martes, 22 de diciembre de 2009

¡Por fin! - Saneamento e amaño da Estrada para Chanteiro


A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia do día 16, a adxudicación do proxecto do “Saneamento e Abastecemento de Chanteiro”. A actuación conta cun orzamento de máis dun millón de euros e o prazo de execución é de seis meses.
A empresa adxudicataria resultou ser "CRC Obras e Servizos". Encargarase da colocación dunha rede de distribución de abastecemento e de colectores de augas residuais a todo a área de Chanteiro, incluído a parte alta, a zona costeira, a contorna de Pomouro e o cámping.

O proxecto contempla catro colectores, o último conectará coa depuradora de punta Avarente tamén en Chanteiro.
Cúmprese así unha vella aspiración da veciñanza desde fai moitos anos, que xunto coa mellora e ampliación da estrada, tamén xa en proxecto de execucción, melloran as condicións habitables deste lugar.
A EDAR, xa é outra cousa, porque non supón ningún beneficio para este lugar, se non que ao contrario vénnos a degradar o ambiente e a costa.
Todas estas obras van supor uns cantos anos de molestias e inconvintes para veciños e visitantes.
Pero, ¡non queda outro remedio!. Confiemos non se eternicen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas populares más vistas